Sectores católicos consideran unha "profanación" a VII Galicia Fashion Week

O director de Infocatólica.com cualifica de "infamia" o desfile de modelos diante da Porta Santa da catedral compostelana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/07/2012 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

"Supongo que a los que no tienen respeto por las cosas sagradas la noticia les dará igual, pero a mí me parece una provocación, un escarnio y una profanación que un grupo de modelos desfile de la guisa en que aparecen (en bikinis) ante la mismísima Puerta Santa de la Catedral de Santiago de Compostela. Es más, considero que la provocación está hecha a propósito, con alevosía y con rechochineo hacia la Iglesia y hacia Dios mismo. ¿O acaso no hay en todo Santiago de Compostela un lugar más apropiado para un evento de esa naturaleza? ¿qué es lo que se busca con un desfile de mujeres en bikini ante un símbolo religioso tan querido por los fieles?".

Desfile diante da Porta Santa
Desfile diante da Porta Santa | Fonte: modaymarca.com

Con estas palabras define Luis Fernando Pérez Bustamante, director do dixital católico Infocatólica.com, os desfiles que estes días están tendo lugar en prazas públicas da capital galega e no que participan as principais firmas galegas. Así, na VII Galicia Fasion Week están firmas como Katuxa Platero, Cabuxa, Perdona Bonita, Livod e deseñadores galegos de proxección coma Cristóbal Vidal e José Matteos, xunton con outras marcas de xoiería, complementos, baño, "prêt-a-porter" e noivas.

Críticas ao alcalde

Pero as queixas de Bustamante non son as únicas. Tamén desde o Opus Dei e outros sectores da xerarquía católica amosaron o seu rexeitamento a esta iniciativa, sobre todo, por celebrarse "nun lugar santo". Por iso, xa lle reclamaron ao arcebispo de Santiago que tome cartas no asunto para evitar que se repita. Tamén ata o alcalde de Compostela chegaron as críticas por autorizar estes desfiles en prazas tan simbólicas para a xerarquía católica como a Praza da Quintana.

"Se me dirá que la calle es de todos. Pero también es de todos la acera de enfrente de la casa del señor alcalde de Santiago de Compostela, y seguro que no se llevan allí la Galicia Fashion Week. Ni tampoco creo que tuvieran el valor de poner eso a las puertas da alguna mezquita -si es que las hay- en Santiago. Agredir la sensibilidad religiosa de los católicos sale gratis en este país. Algunos empezamos a estar muy hartos de tanta infamia", denuncia Pérez Bustamante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 Andrés López

jesúsmaríajosé! pero este señor vive en Hispañistán ou que lle pasa? a min tamén me ofende ver a monxas guapas tan cubertas e amólome! Ai canto tarda xa unha desamortización ben feitiña!