O secretario xeral do PSdeG oponse á moción de censura do seu partido en Mugardos

Gonzalo Caballero lanzou unha mensaxe aos edís do seu partido no municipio coruñés: "Non podemos darlle ás ao partido que pacta coa extrema dereita", referíndose ao PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, opuxose firmemente á moción de censura que edís do seu partido asinaron co PP en Mugardos contra a actual alcadesa, Pilar Díaz, de Esquerda Unida. Así, remitiuse á decisión que adopte a Secretaría de Organización ao respecto.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa

"Non podemos darlle ás ao partido que pacta coa extrema dereita", dixo a preguntas dos medios nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia. Ademais, indicou que se trata de "unha noticia das últimas horas" do ámbito "local", polo que apelou a "ver como se desenvolve".

"Non temos acordos co PP, que pacta coa extrema dereita. Non podemos darlle ás a ese partido que pacta coa extrema dereita", incidiu, antes de remitirse á Secretaría de Organización dos socialistas galegos para fixar a posición da formación sobre o acontecido en Mugardos, onde o tres edís do PSOE sumáronse ao PP para forzar a saída da alcadesa.

PUY REMÍTESE AO PP PROVINCIAL

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, evitou pronunciarse sobre a moción co argumento de que "descoñece" un asunto que é "máis de índole local". "Seguro que desde o PP da Coruña pódenlles informar con maior detalle. Como non o coñezo prefiro non pronunciarme. Supoño que se o grupo local apoia esa moción é porque ten coñecemento e aval da dirección provincial", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mlon

Non é a primeira, en Fene tamen lle deron a alcaldía ó PP. Para o ano que ven son as galegas , haberá que tomar nota. Vota xenuino, vota PP