EU esixe que se garanta a vivenda a uns veciños de Cambre tras a compra do inmoble por un fondo

Xa empezaron a recibir "as primeiras comunicacións de subidas de aluguer abusivas", asegurou Eva Solla.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/11/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, xunto á concelleira de EU de Cambre, Olga Santos e a coordinadora da formación neste municipio, Loreta Taibo, reclamou á Xunta e o Concello que garantan unha vivenda aos veciños da Patiña, tras a compra do inmoble por un fondo.

Sobre a situación dos residentes neste edificio, lembrou que, inicialmente, estas vivendas eran de protección oficial e destinadas a persoas vulnerables. Con todo, dixo que nestes momentos xa empezaron a recibir "as primeiras comunicacións de subidas de aluguer abusivas".

"Estamos ante unha situación gravísima que debe atopar resposta por parte das administracións", expuxo, á súa vez, Olga Santos. "O problema da Patiña é un claro exemplo de deixamento por parte das administracións, tanto do Concello como da Xunta", expuxo en declaracións aos medios.

Mentres, Eva Solla asegurou que o caso destes veciños "é a paradigma da política de vivenda que vive o noso país"."En Galicia temos 300.000 vivendas baleiras e moitas persoas teñen problemas para pagar un aluguer", remarcou.

No caso dos veciños da Patiña, anunciou que presentarán iniciativas no Parlamento galego para esixir que a Xunta "se comprometa coas familias para que poidan vivir nos seus fogares".

A coordinadora nacionalde EU, Eva Solla, con veciños da Patiña. EU
A coordinadora nacionalde EU, Eva Solla, con veciños da Patiña. EU | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta