Gran parte da frota sae a faenar pese á forte ondada

Traballouse con normalidade en toda a costa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Gran parte da frota galega conseguiu saír faenar pese á forte ondada deste mércores, con aviso laranxa por ondas de ata sete metros ata as 9,00 horas, ao que segue un aviso amarelo --ondas de ata cinco metros-- durante o resto do día.

Segundo diferentes confradías da xeografía galega consultadas por Europa Press "a melloría co paso das horas" deu lugar a que a "gran maioría" do sector puidese traballar, como explican por parte do depósito de Fisterra, na Costa da Morte, salvo algúns como os que se dedican ao polbo.

Mentres, en Muros saíron todas as embarcacións de ría, xa que "hai ondas, pero non hai vento", aínda que buques como arrastreiros quedáronse en terra.

Tamén na zona do Grove a maior parte puido faenar, nunha época de especial importancia pola captura de centolo. Tamén no norte se traballou con "normalidade" en Burela.

Captura de cámara web en Marín do 27 de novembro. METEOGALICIA
Captura de cámara web en Marín do 27 de novembro. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta