Nunca Máis renace en Ares

Convocan unha concentración nesta localidade para denunciar a "indefensión" da costa galega tras o caso do Blue Star.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A Plataforma Nunca Máis renace logo do accidente dun quimiqueiro nas costas galegas. E o fai cunha oncentración no municipio coruñés de Ares este venres para denunciar "a situación de indefensión" da costa galega e o "auténtico despropósito" da Administración ante o caso do buque encallado nesta ría, o Blue Star.

Esta organización, que xurdiu hai 17 anos tras a catástrofe do Prestige, decidiu convocar unha concentración na Praza da Constitución da localidade ás 20,00 horas deste venres. Plataforma Nunca Máis tomou esta decisión co obxectivo de forzar á administración española a transferir a Galicia as "competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña", unha reivindicación compartida pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e o BNG.

Ademais, a entidade cidadá tamén reclama información "pública, transparente e detallada" sobre a xestión do accidente e unha "protección" do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira que ofreza "garantías" aos traballadores e que non estea condicionada nin por "os intereses privados de casa armadora nin da aseguradora", engadiu a CIG.

Así mesmo, a retirada de máis de 100 toneladas de fuel da embarcación supón unha preocupación para Plataforma Nunca Máis, polo que instan o Goberno a instalar barreiras anti-contaminación ao redor do buque e un sistema de bombeo desde o mar en caso de vertedura para asegurar a operación. Ao seu xuízo, é imprescindible garantir os "medios, sistemas e protocolos de control" para evitar calquera incidente marítimo que se poida producir na ría de Ares.

Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' once anos despois da catástrofe do Prestige
Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' once anos despois da catástrofe do Prestige | Fonte: Miguel Núñez

"PERIGOS REAIS"

Pola súa banda, a CIG cre que a xestión do Blue Star confirma que, despois de 17 anos da catástrofe do Prestige, "os poderes públicos aínda non adoptaron as medidas necesarias" en materia de seguridade marítima para protexer as costas galegas.

Ademais, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, advirte que este novo caso forma parte dos "perigos reais" da costa da Comunidade e critica que no caso de que se producise unha vertedura de combustible no Blue Star, "as medidas de prevención serían as mesmas que existían cando tivemos que recoller chapapote coas mans". Na mesma liña, o voceiro de Anova, Antón Sánchez, pregúntase se os compromisos que se adoptaron tras a catástrofe do Prestige están a cumprirse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Peniña de Nunca Máis

Nunca Máis, de plataforma cívica multitudinaria a xoguete da UPG-CIG. Onte en Ares: O eterno fontaneiro de sumidoiros Bieito Lobeira, Mini, Nestor Rego, Carril e 30 despistados máis. Sodes fedorentos. Ide á m.rda.

2 Deja vu

Fame de poltronas.

1 Gamela

Está ben falar do BlueStar, pero algún medio dixital se pregunta que facer co narcosubmariño apresado en Aldán... Non estaría de máis relacionar ambas cuestións a falla de medios para ser donos das nosas costas está ben lubricado vía narcotráfico agora tamén submarino (?) Invítovos a votar esta iniciativa LÚDICA que igual chega lonxe... (?) https://twitter.com/NoticiasdeVigo/...