Unha reflexión sobre as raíces populares da lingua e a cultura galegas

Iso é o que propón a RAG no simposio Antonio Fraguas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) acolleu o simposio Antonio Fraguas que reúne a unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega, no seu legado nos estudos de etnografía e folclore, xeografía e arqueoloxía e na situación actual e nas novas perspectivas de diferentes disciplinas que cultivou.

Antonio Fraguas
Antonio Fraguas | Fonte: FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS

Este mércores as sesións, que se celebraron na propia sede do Museo do Pobo Galego, centráronse nas súas contribucións ao Seminario de Estudos Galegos, desmantelado pola Guerra Civil, e o seu posterior traballo de ligazón entre esta entidade coas novas xeracións de investigadores galeguistas, a través do Instituto Pai Sarmiento.

Entre outros participaron os profesores Francisco Durán e Valerià Paül, sobre a situación da xeografía e o seu ensino antes e despois de Fraguas; e Francisco Calo, Felipe Arias e María Pilar Prieto, sobre o ámbito da arquitectura.

SESIÓN DO MARTES

O programa do martes contou coa música e as coplas da terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2019, Cotobade, da man do gaiteiro Óscar Ibáñez e a súa banda.

Por outra banda, a súa colaboradora durante décadas no Museo do Pobo Galego María Xosé Fernández trazou o perfil biográfico de quen chegou a ocupar na RAG a cadeira de Castelao. Pola súa banda, Antonio Reigosa profundou no universo da Galicia máxica que tanto estudou, chea de mitos, ritos e figuras sobrenaturais. Por último, o académico Francisco Díaz-Ferros deterase na súa visión avanzada da paisaxe. Por último, o académico Francisco Díaz-Ferros deterase na súa visión avanzada da paisaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta