Por Galicia Confidencial | Bergondo | 01/12/2019 | Actualizada ás 10:49
Un conductor mozo resultou ferido ás 04.55 horas deste domingo ao ser arrastrado o vehículo no que se atopaba por unha locomotora de traballos no lugar de Baldomir, Guísamo. O home estaba en estado ebrio o que dificultou, mesmo, o seu rescate. Afortunadamente só foi atendido por un golpe na cabeza.
O operativo para o rescate do condutor activouse pouco antes do cinco desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu o aviso dos equipos de seguridade de Renfe, que advertiron do impacto dunha locomotora de traballos e un coche. Tamén sinalaron que no interior do vehículo había unha persoa posiblemente ferida. Até o lugar do sinistro acudiron os servizos sanitarios de urxencia, Protección Civil de Bergondo e os Bombeiros de Arteixo.
A causa do accidente cortouse o tráfico ferroviario na liña que une A Coruña e Monforte ata que poidan retirarse os vehículos sinistrados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.