O sector aeronáutico galego postúlase para participar no proxecto do novo avión de combate europeo

O Consorcio Aeronáutico de Galicia (CAG) estuda a posibilidade optar a participar no proxecto FCAS, para o deseño e construción do novo avión de combate europeo, que substituirá ao 'eurofighter' e que, no caso de España, estará coordinado por Indra.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/12/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Consorcio Aeronáutico de Galicia (CAG) estuda a posibilidade optar a participar no proxecto FCAS, para o deseño e construción do novo avión de combate europeo, que substituirá ao 'Eurofighter' e que, no caso de España, estará coordinado por Indra.

Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego
Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego | Fonte: Europa Press

Así o trasladou o presidente do Consorcio, Enrique Mallón, quen recoñeceu que "a competencia vai ser feroz", en referencia a industrias do sector asentadas en Andalucía, Madrid ou Euskadi, que "levan a dianteira" ás empresas galegas.

Mallón sinalou que o Consorcio está en proceso de contactar coas tres principais empresas que participan no proxecto FCAS, co fin de que Galicia e a aeronáutica galega teñan "unha presenza relevante" nese proxecto.

A ese respecto, o presidente do CAG subliñou que o sector ten "cada vez máis músculo" en Galicia e lembrou que as empresas galegas que traballan en aeronáutica lograron facturar en 2018 uns 130 millóns de euros, unha cifra que será mesmo superior en 2019. Ademais, esta industria dá traballo a máis de 1.200 persoas en Galicia.

"Este é un reto estratéxico", constatou Enrique Mallón, quen avanzou que as empresas galegas se presentarán para optar a participar na construción do novo avión de combate europeo "como un consorcio".

Finalmente, o responsable do CAG fixo fincapé noutro dos retos futuros aos que se enfrontará o sector aeronáutico, e que é "a aviación protectora do medio ambiente". "Cada vez búscanse aeronaves menos contaminantes, e aí tamén hai un abano de oportunidades", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta