Máis de 2.300 estranxeiros residentes en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2018

O que supón máis do dobre dos 927 do ano anterior, mais está lonxe das 3,948 do 2016.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Un total de 2.373 estranxeiros residentes en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2018, o que supón máis do dobre dos 927 do ano anterior. Dacordo cos datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE), foron un total de 1.364 mulleres e 1.009 homes os que adquiriron nacionalidade española na Comunidade galega en 2018.

Aínda que a cifra de 2018 é moi superior á de 2017 está lonxe das 3.948 persoas estranxeiras que no ano 2016 adquiriron en Galicia a nacionalidade española. Na maioría dos casos prodúcese por residencia, seguida doutro tipo de modalidade. O maior grupo de estranxeiros en Galicia que conseguiron a nacionalidade proveñen de países de Sudamérica (1.173). Aquí, están á cabeza Brasil (283), Colombia (238), Perú (163) e Venezuela (131).

De Centroamérica e o Caribe chegaron 523, principalmente República Dominicana. Así mesmo, hai 440 de países africanos, encabezados por Marrocos. Xunto a eles, son 121 de países da UE, a maioría de Portugal. Finalmente, do continente asiático veñen 43.

Pola súa banda, a cifra de estranxeiros residentes en España que adquiriron a súa nacionalidade disparouse en 2018 ata 90.774, fronte aos 66.498 do ano anterior. Con todo, é unha cifra moi inferior ás 150.944 de 2016.

Imaxe de arquivo dun traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo
Imaxe de arquivo dun traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta