Coñece os 30 puntos negros das estradas galegas para esta ponte

A DGT prevé uns 635.000 desprazamentos e uso de cadeas en zonas altas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé uns 635.000 desprazamentos na rede viaria de Galicia durante a operación especial con motivo da ponte da Constitución-Inmaculada que comeza este xoves.

En concreto, segundo informou a DGT, o noroeste peninsular, onde se sitúa Galicia, rexistrará un 10 por cento dos 6.350.000 movementos previstos entre este xoves, día 5, e o 9 de decembro nas estradas españolas.

No caso concreto da Comunidade galega, o operativo especial desenvolverase entre as 15,00 horas deste xoves día 5 e as 24,00 horas do domingo 8 de decembro. As estradas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial de tráfico na Comunidade galega corresponderanse coa autoestrada AP-9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e as vías N-550 e N-634.

PUNTOS CONFLITIVOS

Ademais, Tráfico advirte dunha trintena de puntos conflitivos no catro provincias galegas, ben por circulación ou por condicións meteorolóxicas adversas, como posible néboa, neve ou xeo.

En concreto, na provincia da Coruña avisa dunha ducia de puntos conflitivos nas entradas das cidades da Coruña e Santiago, así como noutras vías como a AP-9 e a A-6.

Mentres, na provincia de Lugo sinala máis dunha ducia de puntos conflitivos por posible neve ou xeo localizados na A-8, AG-64, N-V, N-120, N-540. N-634, N-640 e un seis estradas provinciais. Tamén na provincia de Lugo advirte a DXT da posible necesidade de usar cadeas nos altos da Gañidoira, O Acivro, O Poio, O Faro e A Fontaneira.

Na provincia de Ourense apunta catro puntos conflitivos por circulación e outros tantos pola posible presenza de xeo, néboa ou neve, como no Alto do Rodicio e de Viero.

Finalmente, na provincia de Pontevedra advirte de senllos puntos conflitivos por circulación na ligazón da A-52 coa A-55 no Porriño e na A-55 na entrada a Vigo.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta