Gran manifestación galega contra os recortes o 8 de setembro

Vídeo e manifesto da convocatoria no interior. Máis de 15.000 persoas, segundo as centrais, secundan a protesta deste luns na Coruña. Houbo manifestacións en todas as cidades galegas contra os recortes, previas a un calendario de protestas que irá en aumento até a previsíbel folga xeral de setembro.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/07/2012 | Actualizada ás 23:27

Comparte esta noticia

Quince mil persoas, segundo a organización, manifestáronse este serán na Coruña na defensa dos servizos públicos e contra os recortes. A mobilización foi unitaria e é continuación da exitosa xornada de protestas de hai quince días.

CGT, CIG, CCOO, UGT, CSI-F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC e USO son algúns dos colectivos convocantes. Ademais de na Coruña, houbo protestas en Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As protestas tiveron como lema 'Pola defensa dos servizos públicos. Non ao recorte dos nosos dereitos'.

De cara ao verán, os sindicatos prevén unha menor ritmo das mobilizacións. Iso si, para o día 8 de setembro está convocada unha gran mobilización galega na capital, Santiago de Compostela.

Os sindicatos seguen a negociar a posibilidade dunha folga xeral en setembro. Polo de agora, non hai consenso sobre convocala agora ou esperar ao 15 de setembro, cando UXT e Comisións esperan concluír unha gran marcha de traballadores sobre Madrid. A principios  de setembro haberá unha nova xuntanza entre os representantes da CIG cos secretarios de organización estatais de CCOO e UGT.

CIG, CCOO e UGT manteñen as concentracións previstas para os días 3 e 10 de agosto, coincidindo coa celebración dos Consellos de Ministros para denunciar "as constantes agresións aos dereitos laborais, sociais e democráticos da clase traballadora galega".

Manifestación en Lugo contra os recortes
Manifestación en Lugo contra os recortes | Fonte: CIG

O calendario de mobilizacións da CIG segue por o día 7 de setembro, no que haberá concentracións diante das sedes da patronal,  o día 21 con mobilizacións en todas as comarcas.

Velaquí o texto do manifesto que serviu para a convocatoria deste luns:

Manifesto en defensa dos Servizos Públicos e o Emprego Público

As actuais políticas privatizadoras, que restan recursos aos servizos públicos que recibe a cidadanía en favor dos beneficios empresariais duns poucos , xunto cos recortes orzamentarios experimentados nos últimos tres anos e o ataque frontal ás empregadas e empregados públicos, debilitaron os servizos públicos poñendo en risco o mantemento e a continuidade dos servizos esenciais que ata agora definiran o Estado do benestar, ao tempo que quebran o marco de dereitos democráticos e laborais.

Manifestación en Ferrl contra os recortes
Manifestación en Ferrl contra os recortes

A crise está a ser utilizada polos Gobernos de Galicia e do Estado Español, desvergonzadamente, como a escusa perfecta para subtraer recursos dos servizos esenciais, xustamente cando, na situación actual, que castiga co paro e a exclusión social a miles de familias galegas, se debe apostar por reforzalos e así garantir as necesarias coberturas sociais, o obrigado amparo do Estado e do Goberno Galego e a atención igualitaria e solidaria para toda a cidadanía.

Ambos Gobernos encontran  a maneira de privatizar o público,  lanzar á cidadanía aos brazos das empresas especuladoras en servizos sociais, educativos e sanitarios, medios de comunicación e transporte, e arremeter sen contemplacións contra  o persoal do sector público, recortando os seus dereitos laborais e sindicais, destruíndo emprego e intentando socavar a confianza da cidadanía  con campañas mediáticas e políticas destinadas a desacreditar a súa imaxe. Estes Gobernos, coñecedores de que a estrutura laboral do Sector Público e os dereitos conquistados ao longo dos anos polo seu persoal, constitúen un punto de referencia para traballadores e traballadoras doutros sectores laborais, pretenden pasarnos rolo a toda máquina para achandar o terreo aos intereses empresariais.

As empregadas e empregados públicos traballamos para que se garantan os dereitos os cidadáns e  cidadás e por eles temos que loitar. Por eles e pola nosa dignidade. Sobre nós, sobre a nosa profesionalidade e o noso traballo desenvolvese o estado do benestar, a xustiza social, os dereitos e avances democráticos e os servizos que recibe a cidadanía. Nós somos os  que prestamos os servizos públicos, os que estamos a atender nos hospitais, os que conseguimos que os enfermos se sintan seguros, os que garantimos a seguridade e os dereitos individuais e colectivos, o transporte e a comunicación, os que facemos que a educación e a formación gratuíta das novas xeracións sexa posible, os que facemos posible que os servizos públicos e sociais cheguen o conxunto da cidadanía, á marxe da clase social ou dos recursos económicos que dispoñan, os que facemos posible o dereito á xustiza. E por iso temos que loitar.

Os traballadores e traballadoras do sector público somos profesionais e a pesar diso soportamos o peso da mala xestión dos recursos públicos e a covardía dos gobernos en responsabilizar o persoal  das súas propias incompetencias. Para as empregadas e empregados públicos sempre houbo política de recortes.

Furtáronnos o 45% do noso salario nos 15 últimos anos e restáronnos dereitos laborais e sociais. A parte das conxelacións salariais e devaluación dos nosos salarios, no ano 2010 tivemos unha baixa salarial media dun 5% , acadando nos grupos superiores ata o 10%, e este ano 2012 dun 7,1%, supresión de días de libre disposición, penalización económica por enfermidade.. etc.

A repercusión desa política de recortes indiscriminada que veñen realizando os Gobernos central e galego ten, tamén unha enorme incidencia nas Administracións Locais, as máis próximas á poboación, que viron como se minguan os dereitos dos seus traballadores e traballadoras e os recursos que necesitan para a prestación dos servizos sociais. E a pesar diso damos cada día a pel para servir aos cidadáns e cidadás. Dende sempre, nese "contexto socioeconómico global", fomos as empregadas e os empregados públicos, como persoal e como persoas usuarias, os que soportamos cos nosos dereitos, os nosos salarios e ata a nosa propia imaxe os disparates, os privilexios e dispendios dos que están e estiveron na Administración de xeito conxuntural.

A reivindicación polo mantemento dos servizos públicos de calidade, e universais, non é só dos empregados e empregadas públicos. Debe ser un berro único en defensa dos dereitos básicos e dos que os defendemos cada día dende o noso posto de traballo no Sector Público. É a hora de pasar da indignación á rebeldía cidadá, é a hora da loita unitaria, na rúa e nos centros de traballo, cóbado a cóbado estudantes e persoas desempregadas, autónomas,pensionistas, e traballadores e traballadoras dos distintos sectores de actividade, movementos sociais e o conxunto da cidadanía que quere e merece unha alternativa diferente, que ten dereito, a uns servizos públicos dignos que nos fagan sentir que, á marxe da súa situación económica que gocemos, seguimos sendo cidadáns  e cidadás de primeira.

Porque estes Gobernos se senten impunes actuando como actúan, non podemos permitir que se saian coa súa nin que utilicen a Lei para impoñer os seus intereses. Debemos expresar o noso rexeitamento con contundencia porque, de non o facer, sentiranse lexitimados para continuar gobernando de costas aos nosos dereitos como empregadas e  empregados públicos e como cidadáns e cidadás, ás costas do noso pobo e contra os seus intereses.

Conscientes dos dereitos da cidadanía e comprometidos cos traballadores e traballadoras do sector público, asinamos o presente manifesto e convocamos os empregados e empregadas públicas de Galicia e o resto da poboación a defender os Servizos Públicos.

Manifesto asinado por CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; ANPE; STAJ; CEP; SUP; UFP; AUGC; UniónGC; CGT; USO ;  USTG

E este é o vídeo da manifestación de Vigo, difundido pola CIG:

Manifestación en Ferrol contra os recortes
Manifestación en Ferrol contra os recortes | Fonte: ferrolsuso
Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Manolo2

Claro, en agosto los liberados sindicales y los políticos profesionales están de vacaciones en sus segundas viviendas, hoteles de 4 y 5 estrellas y cruceros de lujo. Alguno también se irá a Cuba a disfrutar del paraíso comunista con dólares capitalistas.

1 Emigrante

Seguro que diso, os teus pepeiros saben moito.

2 Manolo2

Desgraciadamente tienes razón. Hay mucho pepero impresentable que vive así o aprovechó su puesto para beneficiar sus empresas, robar o colocar a la parentela en puestos públicos. Sin embargo, uno esperaba más de los que dicen defender a los marginados sociales, los parados y a los currantes en general.

3 Lucense

A Cuba foi um tal Ángel Carromero, das "Nuevas Degeneraciones", pagado com o dinheiro de todos. Por conduzir como um tolo provocou a morte de dous opositores ao regime. Isto é o que tem confiar nessa escumalha e ter trattos com ela. Como sigam assi, em 3-4 viagens conspiratórias mais acabam com toda a oposiçom.

4 Manolo2

Gracias por sacar el tema. Por lo que parece al bueno de Angel le están queriendo cargar el asesinato del Payá. Un asesinato político más, entre decenas de miles, de la tiranía asesina, genocida y comunista que ha convertido Cuba en un erial.

5 Lucense

Homicida o tal Carroñero esse, que devia ir guiando o carro de modo temerário. O resto, já o sabemos: hai-che muito verme, dentro de Cuba, em Miami e no PP. O dito: seguide enviando a esta miséria humana a Cuba, em viagens pagadas por nós, e dentro de pouco nem haverá oposiçom.

6 Manolo2

Si, modo temerario, eso es lo que dicen los bestias comunistas que tiranizan Cuba. O eres uno de ellos o eres burro de capirote por creerterlo. Por cierto, hablando de viajes a Cuba pagado con dinero público, está bien recordar la orgía organizada por el bipartito para 300 amiguetes, que nos costó a los gallegos 2 ó 3 millones de euros. Claro, como eran camaradas, no tuvieron ningún accidente.

7 Lucense

Hom, os das Nuevas Degeneraciones som mui dados a isso, o seu presidente nazianal também foi pilhado hai pouco com algo de álcool demais e conduzindo. O tal Carroñero, agora, deveria passar uns aninhos numa prisom cubana. Mágoa que seguro que livra por ser quem é, e polas tretas da diplomacia, por certo, o advogado também lho pagamos nós, nom si?. Disso que dis da orgia, alguma prova?

8 Manolo2

La Bugalla reconoció haber gastado 1,3 millones de euros en la fiesta cubana. El problema es que no enseño las facturas - las fulanas/os no dan factura por sus servicios - por lo que es de suponer que se superaron los dos millones de euros. El PP acusa a Touriño de "secuestrar" las facturas de La Habana siguiendo el "manual" de los socialistas de los 90. http://www.galiciadiario.com/web/fr...

9 Manolo2

Supongo que en esos años en prisión de los que hablas los comunistas cubanos se dedicaran torturarlo y a lavar el cerebro al pobre rapaz para que firme la declaración oportuna que exculpe al régimen

10 Can Tamañanas

Claaaaro! provocas un accidente por condución temeraria, vas coa visa de turistas a levarlles miles de euros aos mercenarios que socaban o rexime legal constituido e o normal e que deanche o premio Shajarov en troques de imputarte. Grazas a vós os franquistas temos estos parametros de vida, de pleo emprego e vivenda, educación e sanidade inmellorables, de cultura i ecoloxia fora de serie. Grazas a vós e San Francisco Franco non estamos baixo as "hordas rojas". A saber como estariamos, perdendo poboación i emigrando. Mentras tanto as FAES (Falanxes Españolas) liberando 9.000 euros o día das arcas do estado.

11 Lucense

Que ensine esse carroñero a factura da sua viagem e do dinheiro que deu aos vermes, a ver donde saiu todo isso. Ir com visado turístico a fazer contrarrevoluçom à mesma Cuba, isso si que é etico, a ética das FAES e do co-assassino das Açores.

12 Lucense

Este é o Carroñero esse: http://www.nuevatribuna.es/articulo... Toda uma "joia" dessa panóplia de impresentáveis do TEA PARTY madrileno-espanhol. E conduzindo como um tolo, claro. E os vermes falando de assassinato do tal Oswaldo Payá.

4 antiburras

A gamela dos marchosos afunde. O barco nacionalista do BNG vai vento en popa. Encuesta de CELESTE -TEL 30-07 PP................ 34,2% (152/154) PSOE ..............29,5% (118/121) IU ................10.7% (19/20) UPyD............... 8.7% (12/13) CIU ............... 4.3% (15) EHB.................1.5% (7) PNV.................1.7% (6) ERC.................1,5% (4/5) BNG ................1,1% (2/3) CC/NC ..............0.6% (2/3) COMPROMÍS...........1.9% (3/4) FAC..................0.6% (1) GBAI ............... 0.2% (1) Fuente: http://www.celeste-tel.es/es/barome....

1 anonimo

Algunha vez dixo algo interesante o funcionario Carlos Taibo? Ese que recibe ´boas minutas do OPUS por impartir conferencias na Universidade de Navarra. A ese prezo tamén eu vou de neo-hippi pola vida.

2 Gamela

poderíamos saber de qué carallo estás a falar? eu falo deste Carlos Taibo :: https://twitter.com/carlos_taibo ::

3 Gamela

Cando por moito, cando por nada! Despois de anos mareando agora veñen os SINDICATOS a dirixir e mangonear toda a INDIGNACIÓN ? Deixovos unha reflexión sobre o tema a cargo de CARLOS TAIBO para que non digades que é cousa miña :: http://cabozo.com/taboext.php?grupo... :: Mellor que agotarnos seguindo calendario tan complexo penso que temos unha convocatoria DEFINITIVA o #25S :: http://cabozo.com/taboext.php?grupo... Saúde!

2 Leda

O 8 de septembro se podería engadir tamén contra O FRAUDE ELECTORAL DE FEIJOO , temos que escomezar a movilizarnos

1 nandiño

En todo Galicia houbo mobilizacións, non tedes información e imaxes? http://ferrolsuso.blogspot.com.es/2...