As internas da prisión da Lama pintan un mural contra a violencia de xénero

A grafitera Iria Fafián colaborou ao longo do pasado mes de novembro coas internas nesta acción que promove o uso da arte como "axente movilizador de conciencias".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/12/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a directora do Centro Penal da Lama, Teresa Delgado, inauguraron este xoves un mural colaborativo realizado polas internas da prisión contra a violencia de xénero.

O grafitti, que adorna unha das paredes do módulo 10 feminino, representa a unión e irmandade entre mulleres nun contexto de risco ou vulnerabilidade social, e enmárcase dentro da programación de actos con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A grafitera Iria Fafián colaborou ao longo do pasado mes de novembro coas internas nesta acción que promove o uso da arte como "axente movilizador de conciencias", explicou Institucións Penais nun comunicado.

A maiores, esta acción forma parte da campaña da Deputación de Pontevedra 'Sementar pola igualdade', que se estende durante o mes de decembro para concienciar sobre a loita contra a violencia de xénero e en favor da igualdade.

Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero.. INSTITUCIÓNS PENAIS
Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero.. INSTITUCIÓNS PENAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta