Familiares do PP, "enchufados" en postos oficiais

A ForGa denuncia que varios familiares de altos cargos do partido conservador están traballando en postos públicos de alta responsabilidade. Entre eles, o irmán da presidenta do PP, varios cuñados ou fillos de ministros ou a "compañeira sentimental" do presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2012 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento tecnolóxico, o Emprego e a Formación na Galiza, ForGa, unha entidade vinculada ao sindicato nacionalista CIG, acaba de publicar na súa web os supostos "enchufes" de vinte e seis familiares de altos cargos do PP. Entre estes están:

Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
  • Elisa Robles Fraga, directora xeral do Centro para o desenvolvemento tecnolóxico industrial (CDTI) e sobriña do ex-presidente da Xunta, Mauel Fraga.
  • Carmen Gámir, "compañeira sentimental" de Alberto Núñez Feijóo e, actualmente, Xefa de Prensa da Secretaría de Estado de Presupostos, que ocupa a ex-conselleira da Xunta Marta Fernández Currás.
  • Álvaro Ramírez de Haro y Aguirre, fillo de Esperanza Aguirre e asesor de estado de comercio.
  • Miguel Cardenal Carro, Presidente do Consello Superior de Deportes, e fillo de Jesús Cardeal, ex Fiscal Xeneral do Estado con José María Aznar.
  • María Zaplana Barceló, asesora na Secretaria de Estado de Turismo e filla do ex ministro Eduardo Zaplana.
  • José Ramón Bujanda, cuñado do ministro de agricultura, Miguel Arias Cañete, e, curiosamente presidente de SAECA -empresa de carácter público participada pola SEPI e o Ministerio de Agricultura.
  • José Miguel Martínez, concuñado de Cristóbal Montoro, ministro de Facenda é o presidente da Sociedade estatal de loterías e apostas do estado, dependente do Ministerio de Facenda.
  • Víctor Calvo Sotelo, secretario de estado de telecomunicacións e fillo do que foi presidente do goberno español Leopoldo Calvo Sotelo. 
  • Marcelino Oreja Arburua,  fillo de Marcelino Oreja Aguirre, ex-ministro de asuntos exteriores, é agora o presidente da Entidade pública empresarial de ferrocarrís.
  • Ricardo Cospedal García, irmán da secretaria xeral do PP, será o futuro director da Fundación Carolina de estudos internacionais.

Podes consultar a lista completa, aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 84 comentarios

25 Artemisha

Referencia a un suposto encontro recente de Feijoo con Acción Juvenil Española: http://www.ctv.es/USERS/aje/enero12...

1 Rayleigh

Moi boa a páxina. Sobre todo o suposto encontro con Feijoó. Ainda que o ton da páxina, dame que lle botan moita imaxinación, desgrazadamente pode ser moi posible. De todas formas, nesa páxina hai 2 cousas máis: Parece a sección de necrolóxicas dun xornal, e outra cousa. Nas fotos...onde están as mulleres??? Se vos fixades non aparecen por ningures! Para min que o problema que teñen é que non f.den.

2 Ronsel

Tes razón, está inzado de obituarios, pero dende logo abofé que hai momentos completamente kitsch coma: http://www.ctv.es/USERS/aje/120428%... Eis o seu amor polo noso presidente Fraga:" De ser un paladín de la Cruzada contra el comunismo y la masonería pasaste a ser el anfitrión de la masónica Conferencia Bilderberg en tu taifa gallega, en La Toja; y a presentar en sociedad y abrazarte con los comunistas más dañinos y asesinos del mundo hispano, Santiago Carrillo y Fidel Castro. Aquí nos la dejas, señora y dueña de nuestros destinos; ya tienes a la pu-ta democracia por la que tanto luchaste cuando venteaste de dónde soplaban los vientos y tu pituitaria pudo más que tu fidelidad: Ya tienes un millón largo de niños asesinados por la ley abominable del aborto.Maldito sea tu nombre, Manuel Fraga Iribarne. Maldito sea por siempre. Por Perjurio y por Traición." Tremendos freaks!

24 Ronsel

compañeira sentimental??????? afondade un pouco, afondade...

1 Coto Matamoros

Si home, non sabes é a colega do sindicalistade da CIG, aquel "cantalapiedra" que liberou hai mais de 15 anos e xa ten esquecido que era aquelo do traballo.

2 Ronsel

Non, home, non van por aí os tiros... non falo de enchufismos.

23 Foucellas

a envexa, a xenreira, a mala hostia é propia de resentidos e acomplexados... Malos tempos corren para a xente, cando os iluminados se acoitelan e botan todo o fel para o país e non para o inimigo... Canta ruindade para tanta desfeita... A dereita gopista estase a restregar as mans e a brindar con albariño, ese albariño que só podían beber os patróns... Canto fitar atrás, mentres o inimigo está diante, apuntándonos...

1 Shin Chan

O inimigo está diante, pero os da SECTA non queren vencer ao inimigo, queren vivir do conto facendo que protestan. Revolucionarios de cartón.

2 Sin cerebro

Si lacazán, é a vosa máxima: senon podes vencelos unete a eles. Acabades sendo os eunucos dos pepeiros.

3 Shin Chan

Non son lacazán. Non son da SECTA.

22 Rayleigh

Chama moitísimo a atención como nun foro onde SUPOSTAMENTE está cheo de nacionalistas galegos, e galeguistas que cando se critica CON DATOS REAIS ó PP aparezan certos nicks, como Lemés, lugués, Shin Chan...Os cales só aparecen en artigos onde se ataca ó PP, empecen a INSINUAR, DEIXAR CAER, cousas sobre o BNG. Que por moito que lles fastidie a algúns, O ÚNICO partido nacionalista a curto e medio prazo. Mesmo contra persoas que xa non están no BNG. Persoas que intentan dar a apariencia de ser galeguistas/nacionalistas. E cal é a táctica preferida do PP nestes casos? A de "E ti máis" e "todos son iguais". Agora analizade os posts destas persoas, a ver que vos parecen. Pero ó fin ó cabo, estamos en Galiza, non? A Terra onde ninguén vota PP, pero sempre acada maioría absoluta...Aquí hai moito pepeiro infiltrado e xa fede.

1 Rayleigh

Persoas que xa non están no BNG, pero que sofriron como as gastaban os do PP. Que debería servir a moitos para ter en claro o que está disposto a facer o PP para manter O PODER. Algúns aprenderon? Non. PAra vergoña de todos, apuntaronse ó linchamento. Probas? En poucos meses, a Quintana, chamarono maltratador, que provocou un accidente con fuxida, encerrona con vellos enganados (quen a provocou, militante do PP), intentarono meter no dos audis, dixeron que tiña 6 mil € en bebidas, gardaron 4 anos, fotos manipulándolas e un sinfin de "piropos" nos medios que en Galiza SON TODOS DE DEREITAS. E algúns 4 anos máis tarde, seguen presumindo delo.

2 lemés

O teu é o do partido único. Moi ben Ray, xa sabemos as razóns polas que es considerado o palanganeiro oficial do BNG: tapar o dos nosos. Dame unha soa razón válida para dicer que o caso da familia Quintana é máis limpo que calquera dos outros citados. Comeza por María Rosario Quintana González, atrévete a negar os traballos de Rural Consulting en Monforte, para a Deputación de Lugo ou os negocios da familia en Allariz. Só unha razón, non pido moito. Sinto o mesmo noxo por ti que polos vende-favores do PP. Sodes os mesmos cans con distintos colares. A crítica doe cando hai trapos suxos que esconder, por iso repito que os que tanto decides odiar ao PP sodes iguais. E si, somos todos do PP menos ti!

3 Rayleigh

Bla bla bla. Non..dime ti, rapaz. Os medios de comunicación son todos de dereitas. Non destacan polo seu amor o nacionalismo galego e o BNG. Onde están o que dis? Queres unha razón? Moi ben: SEMPRE repites o mesmo. SEMPRE. Temos CENTOS E CENTOS de casos no PP. Ti mencionas un (que seguro que non é nin a metade da metade. E iso supoñendo que exista) do BNG. E te quedas tan ancho. E para ti, "é igoal". E se ten negocios en Allaríz, QUE? Ten algo que ver o Concello neles? Ole os teus ov.s! E segues cos rumores. E logo te queixas que te chame pepeiro? Pero non ves que me estás dando a razón? NON HAI DIRIXENTE DO PP LIMPO. Nin un. Ale..o teu amo Barreiro non te vai dar a cunca de viño que te prometeu. Tampouco a tiñas segura, por que xa sabes o que din:"Roma non paga traidores".

4 Rayleigh

Palanganeiro es ti, rapaz. Eu non me asoballo. Este é un artigo sobre a CORRUPCIÓN DO PP. E a túa primeira mensaxe cal foi? Arrearlle ó BNG. E que case nin mencionaches ó artigo. Machiño...que canta demasiado!! Que te puxeches en evidencia. Que non eres tan intelixente e os demáis non somos tan pa.vos coma ti pensas. Menuda metedura de zoca. Imitando o teu amo, a trotona de Pontevedra? Non todos son do PP agás eu. Hai moita xente por aquí máis intelixente ca eu e moi válida. Pero a ti cántache o carnet do PP a km's de distancia!!

5 lemés

Un de tantos... O da Chao Quintana e os traballos para entidades públicas (os cartos dos contribuintes, non privados, aprende a diferenza) podes consultalo nos medios "inimigos" da túa causa, pero tamén no rexistro mercantil aparece Rural Consulting (que estará nas mans de pepeiros, por se precisas xustificación de taberna), o dos amigos de Dorribo, o dos paneis de Ourense, o do Carrumeiro Media... Casos únicos ou casualidades? Pedía unha razón para dicer que os casos do BNG son máis inocentes que os do PP (que eu non nego, todo o contrario), ti só fas ruido para tapar. Segue co barullo que nada aporta, grazas a miserables coma ti moitos fuximos do BNG. Que digan logo que todos os políticos son iguais ou que medre UPyD e outras barrabasadas é responsabilidade de aplaudidores conma ti. Bó proveito!

6 Shin Chan

Si tes valor desmínteme que o FORGA (subvencións públicas a esgalla) é un niño de enchufados da UPG. O resto, bla, bla, bla.

7 mk__

"O ÚNICO partido nacionalista a curto e medio prazo." E eu que cria que era unha frente, pero vaia, Rayleigh se ti dis que é un partido, ti o saberás que es militante.

8 Rayleigh

Non son militante, mk. Pero como chamarías a unha "fronte" onde o 80% dos militantes non están afiliados a ningún partido dos que fan a fronte e si a mesma "fronte"? Hai anos que deixou de ser "fronte". Xa vai sendo hora de actualizarse. Desmínteme ti Shin Chan que non eres un cipaio do PP. Por suposto, non me vale a túa palabra. En canto a Lemés...Como te pillei, eh rapaz? Quedaches en calzóns. Tamén eres dos loros do Carrumeiro? En que quedou a cousa? Hai algo máis que o único artigo da Voz en que vos baseades? Falas de UPyD? Xa estás tardando en sacarlles o do deputado de Asturias que quere 6 asesores en vez dos 4 (case nada!!) que lle corresponde. Ou do concelleiro de UPyD de Alcorcón a quen o alcalde tenlle que suplicar que se pase algúnha vez polo concello a pesares de cobrar 77 mil €. Sen contar a biografía de Rosita de España. Dime, cando veremos algo así pola túa parte?

9 Rayleigh

Requírese a presenza dos cipaios pepeiros neste artigo: http://galiciaconfidencial.com/nova... O voso Amado Líder Feijoó está sendo atacado!! Adiante e ganarvos a cunca de viño como ten que ser!

10 Rayleigh

E para rematar, Lemés..Amigos de dorribo? Ese que foi RECIBIDO POR FEIJOO no despacho oficial? Parecen moi amigos, non cres? Ou quizais a foto de Rajoy nun barco dun narcotraf.cante? E ti tes...un artigo da Voz (medio "independente" onde os haxa) dun tal Carrumeiro. NADA MAIS. Claro claro...igualiños. Lemés, fillo. Que ridículo estás facendo.

11 lemés

Non sexas falabarato, non só en La Voz papagaio, mira o que contan os teus socios: http://elpais.com/diario/2009/06/12... Logo segue por Ferrolterra e os imputados do BNG polo ladrillo, ou por Pontevedra, por Raimundo González imputado do caso Naturgalia... Xa non cola, no BNG hai tanto corrupto como no PPSOE, só que en proporción sodes menos e toca a menos. E non sodes iguais, no BNG ian de limpos e alternativos, logo son peores! Segue rascando, se gozas...

12 Rayleigh

Xa..E onde están as condeas? E curioso como os do BNG, nin lles da tempo a delinquir e xa están imputados (caso dos carteis), mentras outros pasa tanto tempo que prescriben os delitos...Parece que che doeu o de Dorribo como amigo de Feijoo. Ou foi o de Rajoy? Sintoo, lemés. Ti quédate co PP e como se ríen de ti, imputados, dando logo conferencias sobre boa xestión (Camps) ou os liberais que colocan a toda a familia (Aguirre). Eu prefiro a políticos que me queden máis a man. E que se cometen algo, SE LARGUEN. Algo que o teu adourado PP, XAMAIS FARÁ. Ale..nos mitines do PP, cando veña Aguirre, ti axita ben a bandeiriña. Que se note que eres un bo cidadán.

21 xan soares

E a típica "meritocracia" española de toda a vida. Intervención europea xa! e toda ista casta á pasar polos xulgados.