Familiares do PP, "enchufados" en postos oficiais

A ForGa denuncia que varios familiares de altos cargos do partido conservador están traballando en postos públicos de alta responsabilidade. Entre eles, o irmán da presidenta do PP, varios cuñados ou fillos de ministros ou a "compañeira sentimental" do presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2012 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento tecnolóxico, o Emprego e a Formación na Galiza, ForGa, unha entidade vinculada ao sindicato nacionalista CIG, acaba de publicar na súa web os supostos "enchufes" de vinte e seis familiares de altos cargos do PP. Entre estes están:

Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
  • Elisa Robles Fraga, directora xeral do Centro para o desenvolvemento tecnolóxico industrial (CDTI) e sobriña do ex-presidente da Xunta, Mauel Fraga.
  • Carmen Gámir, "compañeira sentimental" de Alberto Núñez Feijóo e, actualmente, Xefa de Prensa da Secretaría de Estado de Presupostos, que ocupa a ex-conselleira da Xunta Marta Fernández Currás.
  • Álvaro Ramírez de Haro y Aguirre, fillo de Esperanza Aguirre e asesor de estado de comercio.
  • Miguel Cardenal Carro, Presidente do Consello Superior de Deportes, e fillo de Jesús Cardeal, ex Fiscal Xeneral do Estado con José María Aznar.
  • María Zaplana Barceló, asesora na Secretaria de Estado de Turismo e filla do ex ministro Eduardo Zaplana.
  • José Ramón Bujanda, cuñado do ministro de agricultura, Miguel Arias Cañete, e, curiosamente presidente de SAECA -empresa de carácter público participada pola SEPI e o Ministerio de Agricultura.
  • José Miguel Martínez, concuñado de Cristóbal Montoro, ministro de Facenda é o presidente da Sociedade estatal de loterías e apostas do estado, dependente do Ministerio de Facenda.
  • Víctor Calvo Sotelo, secretario de estado de telecomunicacións e fillo do que foi presidente do goberno español Leopoldo Calvo Sotelo. 
  • Marcelino Oreja Arburua,  fillo de Marcelino Oreja Aguirre, ex-ministro de asuntos exteriores, é agora o presidente da Entidade pública empresarial de ferrocarrís.
  • Ricardo Cospedal García, irmán da secretaria xeral do PP, será o futuro director da Fundación Carolina de estudos internacionais.

Podes consultar a lista completa, aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 84 comentarios

20 lemés

Unha nova que é vella, por sabida, aínda que non por iso deixa de ser certa. Non sería difícil para os da FORGA/CIG/UPG facer outra sobre a familia Quintana, con negocios MOI CUESTIONABLES en Allariz e en Monforte de Lemos (onde unha Vega no concello facilitaba a unha Quintana, tamén cando tiña responsabilidades na Deputación de Lugo daba traballo no ente provincial, ao mesmo tempo un Veiga era asesor dun Anxo caído, que agora abre negocios polo Brasil...). Non sería difícil falar de familias do BNG, pero o progre é ver só a corruptela noxenta en casa allea e ter a propia sen barrer! ...e os palanganeiros, que máis dá que sexan do PP ou da UPG, a aplaudir ou a tapar!

1 Rayleigh

Rediola!! Os Feijoo boys saindo en tromba ante as vergoñas máis que evidentes dos seus amos!! Moi ben Lemés, moi ben. Poderás limparlle a Rajoy os zapatos cando veña a "Sangenjo". Dentro de 200 anos, Quintana estará morto, pero aínda veremos os lemés de turno, recordandoo cando os seus amos chisquen os dedos. Moi ben Lemés.

2 Rayleigh

Eu tamen me uno!! Maldito Quintana por non pegarvos a patada cando tiña que facelo. Menuda panda de fodech.nchos. DEZ ANOS, no BNG dando polo q. E como vos gosta. Menuda cag.da de Quintana.

3 lois

Os teus demos internos fanche perder a razón, deixas as cartas ao descuberto e os demais rinse de ti. Raileigh canto beneficio farías ao BNG que dis amar se estiveses caladiño, xa cho teño explicado outras veces pero pérdeste ti só e das pena. Canta escola fai falla nos que presumen de ir dando leccións como nacionalistas de esquerda, canta cidadanía...

4 Rayleigh

Claro...Lois. Dende cando os marchosos, se preocupan polo benestar do proxecto político do BNG? Seguro que ti non durmes pola preocupación, non si? Non sexas hipócrita e adoptes a posición de santurrón. Que non vos pega nada.

19 Shin Chan

Simpático. O FORGA, centro avanzado de enchufados da UPG, denuncia os enchufes do PP. Espero que o PP faga o mesmo. Ou, case mellor, que se fusionen a UPG e o PP e monten a Internacional do Trifásico.

1 o partido

Apoio, o fin do PP, PSOE e BNG (UPG e inocentes que se chupan... non precisamente o dedo) é o mesmo: reparto clientelar do poder. Miséria de ratas!

2 Rayleigh

Tranquilos!! ANOVA IRmandade está aquí. Iso si. Non saben en que consisten as eleccións e a súa relación con poder cambiar as cousas. Cando se decaten que necesitan que a xente os voten, non haberá quen lles pare. Eu non creo que antes do 2058 ocorra.

18 Manolo 2

E o Beiras? disque colocou a un fillo a dedo no 15M. E a un cuñado de presidente nun país latinoamericano.

17 Foucellas

Hai moito galego con moita mala hostia. O PP estase rir de vós a cachón. Seguide poñéndovos parir. Desque a Nosa Terra deixou de se publicar non había xornais en galego. Agora que hai varios, anque sexa en dixital, andade a "foder". ¡Galiza, país dos ananos! Que vos dean, puretas do carafio.

1 a mala baba necesaria

A Nosa Terra foi vendida por Afonso Eiré, o Pucheiro, coa bendición da UPG. E por riba unha cabeceira histórica do nacionalismo quedou ensuciada deixando de pagar a traballadores e a colaboradores. E aínda tedes a pouca vergoña de lembralo, o voso comunismo é de pacotilla, o país tampouco vos importa, ides ao peto... E despois poñedes a culpa no PP, unha excusa facilona para a galería. Os ananos están dentro do BNG, mirarse ao espello!

16 Presidente Rajoy

Estos rojos siempre atacando a las familias. En nuestro programa la familia es primordial y prioritario. Y nostros cumplimos el programa. Aprovecho para saludar a nuestros liberados de guardia en el Confidencial.