Temas: SANGUE DOAZóNS

As reservas do grupo sanguíneo A- atópanse baixas en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

As reservas do grupo sanguíneo A negativo (A-) atópanse con nivel baixo en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A positivo (A+) permanecen normais, segundo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Doazón de sangue.
Doazón de sangue.

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 9 de decembro, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol (Praza de España), Arteixo (servizos centrais de Inditex), A Coruña (Naturgy), Trazo (diante do centro de saúde) e Santiago (Área Central).

Tamén o luns 9 haberá unidades móbiles nas localidades luguesas de Cervantes (fronte ao Concello) e Navia de Suarna (Avenida dos Ancares); así como nas ourensás de Paderne de Allariz (á beira do Consistorio) e Pereiro de Aguiar (diante da Casa Consistorial).

Así mesmo, o día 9 ADOS enviará unidades móbiles aos concellos pontevedreses de Marín (xardíns da Alameda), A Cañiza (fronte ao edificio Gran Sol) e Vigo (zona Travesía).

Temas: SANGUE DOAZóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta