Novo caso de maltrato animal: un home entrega á policía un can morto nunha bolsa

Nas últimas horas de vida o animal estaba "practicamente sen pelame, incapaz de levantarse e parecía ensanguentado, atado a unha cadea no patio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Un home de 51 anos foi detido e imputado por un delito de malos tratos animais pola Policía Nacional no municipio pontevedrés de Ponteareas, na parroquia de Oliveira, tras entregar a un can morto dentro dunha bolsa.

Así o explicou a Asociación Animalista Libera nun comunicado este sábado no que ademais critican "a falta de interese" da Xunta por castigar a persoas que, presuntamente, cometesen "actos de recoñecida crueldade" contra os animais.

O can falecera o pasado 22 de novembro por inanición no municipio de Ribeira e as súas "últimas horas de vida" foran gravadas por unha voluntaria da asociación Rueiros Barbanza. No vídeo aparecía o animal "practicamente sen pelame, incapaz de levantarse e parecía ensanguentado, atado a unha cadea no patio", segundo denuncia Libera.

Por mor de sucesos como este ou o ocorrido en Chantada, onde un cazador recoñeceu disparar a unha cadela presumiblemente abandonada, os animalistas reclaman que a administración pública debería personarse como 'acusación popular' en procesos xudiciais, pero sinalan que nestes casos "non parece que se vaia cumprir".

A Garda Civil de Pontevedra investiga malos tratos animais.
A Garda Civil de Pontevedra investiga malos tratos animais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta