Preto de 1.400 galegos volveron do estranxeiro a Ourense, a "mellor cifra de retorno da década"

"Nos últimos dez anos volveron á provincia case 8.000 galegos", asegurou o secretario xeral de Emigración.

Por E.P. | OURENSE | 11/12/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este mércores a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que abriu as portas na cidade de Ourense, un acto no que o responsable autonómico destacou que en 2018 regresaron a esta provincia 1.400 galegos do exterior, a "mellor cifra de toda a década".

Rodríguez Miranda situou a apertura desta sede no contexto da aposta "decidida" da Xunta polo retorno dos galegos que residen no exterior.

En particular, lembrou que a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020, impulsada pola Secretaría Xeral e que, cun orzamento global de máis de 235 millóns, ten entre os seus obxectivos conseguir o "regreso á casa de máis de 20.000 galegos do exterior" no período 2018-2020, contribuíndo a rexuvenecer a poboación.

"É, precisamente, nese proceso de retorno, e nas dificultades que leva aparellado, onde queremos pór agora especial atención cunha oficina que, por primeira vez na historia, sae fóra de Santiago", dixo Rodríguez Miranda.

Deste xeito, continuou, a Administración "acompaña persoalmente os galegos do exterior que desexan volver á súa terra", que, como evidenciou, no caso concreto de Ourense son "cada vez máis".

"Nos últimos dez anos volveron á provincia case 8.000 galegos", profundou Miranda, quen lembrou tamén que a semana pasada Santiago acolleu o XII Consello de Comunidades Galegas, un plenario que, tamén por primeira vez na historia, contou cun relatorio dedicado exclusivamente ao retorno.

Rodríguez Miranda visita a nova oficina de retornados en Ourense.. XUNTA
Rodríguez Miranda visita a nova oficina de retornados en Ourense.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta