O tren de borrascas que barre Galicia deixa case 190 incidencias só o xoves

A caída de árbores e gallas ás estradas e bolsas de auga foron as incidencias máis común ao longo do xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou 184 incidentes debido ao fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por choivas que afectou a Galicia ao longo deste xoves.

Segundo informou o 112, por provincias, Pontevedra foi a máis afectada con 86 incidentes contabilizados; A Coruña con 63; seguida de Lugo con 24 e Ourense con 11 incidencias. A caída de árbores e ramas nas estradas, con 56 casos; a presenza de bolsas de auga nas vías de circulación, con 30; e restos de pedra e terra no asfalto, en 25 casos, foron os incidentes que máis se repetiron.

En canto aos concellos, na provincia de Pontevedra destaca o de Vigo con 18 incidencias, Redondela con 14 e o de Mos con sete, concretou o 112. Ademais, sete incidentes rexistráronse no municipio coruñés de Boiro e cinco en Ferrol.

Mentres, na provincia de Lugo hubo incidencias en Becerreá e na de Ourense, o concello de Pereiro de Aguiar sumou tres incidentes.

ATRAPADOS

O 112 fixo fincapé en que en Guitiriz (Lugo) dúas persoas quedaron atrapadas no interior do coche no que circulaban ao terminar atrancado por mor da crecida dun río.

Este incidente tivo lugar sobre as 19,15 horas no lugar da Pobra de Parga, na estrada que une Parga e Mouriz. Tras ter constancia do ocorrido a través dun dos ocupantes do turismo, o CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Vilalba, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.

Segundo indicaron os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba ao 112 Galicia, as persoas que viaxaban no vehículo puideron saír e "atópanse en bo estado". Por outra banda, retiraron o coche da zona afectada e a estrada quedou cortada.

Ademais, un desprendemento de terra en Baralla (Lugo) obrigou a interromper o tráfico de vehículos na estrada LU-710, entre os puntos quilométricos 0 e 1,500. Foi unha persoa particular quen alertou do desprendemento ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7,00 horas. Tras iso, solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía.

Así mesmo, por parte do 112 Galicia informouse os feitos aos Bombeiros de Sarria e ao GES de Becerreá.

Os bombeiros de Boiro acoden a retirar unha árbore na estrada.
Os bombeiros de Boiro acoden a retirar unha árbore na estrada. | Fonte: Bombeiros Boiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta