A Xunta cre que La Vuelta Ciclista a España é unha oportunidade para "proxectar a imaxe de Galicia" no mundo

A competición contará en 2020 con preto de 300 quilómetros no territorio galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, cre que La Vuelta Ciclista a España —que contará en 2020 con preto de 300 quilómetros no territorio galego— se presenta como unha oportunidade para "proxectar a imaxe de Galicia" en todo o mundo.

Paso do pelotón polos canóns do Sil.
Paso do pelotón polos canóns do Sil. | Fonte: lavuelta.com

Así o anunciou este sábado o titular do departamento, na presentación das etapas deste evento na Cidade da Cultura, xunto co secretario xeral para o deporte, Xosé Ramón Lete Lasa, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Rodríguez destacou que esta competición conta con "miles de espectadores en todo o mundo" e que iso axudará a difundir a imaxe do patrimonio natural e cultural da rexión galega.

En concreto, destacou que a etapa que pasa pola Ribeira Sacra e lembrou que este espazo aspira a ser declarado Patrimonio da Humanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta