O BNG pretende que Galicia teña un "novo status" negociado "bilateralmente" que a recoñeza "como nación"

Ana Pontón admite que hai "bo clima" co PSOE para a investidura, pero pide "compromisos concretos" no AVE e a industria, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que Galicia "necesita un novo status político dentro do Estado" que a recoñeza "como nación" e co que "avanzar en capacidade real de decisión e soberanía" sobre os asuntos do seu futuro.

A portavoz do BNG, Ana Pontón
A portavoz do BNG, Ana Pontón | Fonte: Radio Galega.

Nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, a líder nacionalista apostou por que ese status, que "non ten por que ser un novo Estatuto" de Autonomía, sexa resultado dunha "proposta que saia desde Galicia negociada bilateralmente co Estado". "É unha cuestión democrática que, primeiro, teriamos que decidir os galegos cal é esa formulación. E logo manter un debate normal e lóxico coa outra parte", proseguiu.

En plenas negociacións co PSOE de cara á investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, Ana Pontón sinalou que "o papel das nacións" dentro de España "está aí" e Galicia "non pode quedar atrás" con respecto a Euskadi ou Cataluña.

"Temos que avanzar nun marco no que se recoñeza a Galicia como nación para mellorar a vida das persoas", subliñou, para despois incidir en que o "dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro é un dereito que vai ser positivo porque se avanza en democracia". E é que, segundo as súas palabras, "canto máis se recentraliza" en España, hai "máis desigualdade" e "peor lle vai" a Galicia.

Sobre as negociacións co PSOE para que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vote a favor da reelección de Sánchez, Ana Pontón descartou que teñan liñas vermellas, pero apostou por que haxa "certa calma" para que o resultado "sexa positivo". Iso si, o acordo do que se fala é "exclusivamente de investidura" e non de lexislatura.

"UN BO CLIMA DE DIÁLOGO"

Neste contexto, aínda que admitiu que manteñen unha "boa expectativa" e que hai "un bo clima de diálogo" cos socialistas, reclamou "compromisos concretos", entre os que situou o servizo de ferrocarril, a industria electrointensiva e a "estafa" das peaxes da AP-9.

Ademais, Pontón dixo ser "optimista" para atopar unha solución ao bloqueo da Mesa do Congreso á conformación do Grupo Múltiple, no que o Bloque ía figurar xunto a Compromís, Junts per Catalunya e Más País. "É unha cuestión única e exclusivamente técnica", dixo a líder frontista, quen tachou de "cuestionable" a resolución da Mesa.

De cara ás eleccións autonómicas previstas para outono do 2020, asegurou que ve "marxe para que sexa o ano do cambio político" nunha Xunta gobernada por "un PP e un Feijóo que non teñen nada que ofrecer".

A intención do BNG é "liderar o cambio político", pero o seu portavoz nacional non quixo avanzar sobre se reeditarán alianzas electorais como a asinada con Compromiso por Galicia para as xerais do 10 de novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Fogos Artificiais

Estes van regalar o voto a cambio de que Galicia sexa unha "nación", mais de autopistas, alcoas, endesas e vulcanos nin frores. E ainda queda algín despistado que se queixa de que nos votan.

3 José

E dalle, outra vez a voltas co AVE, qué se lle perdeu ao BNG falando do comboio que leva emigrantes e trae fo-d-chinchos?

2 Violeta 4

¿Cómo puede hablar con tanta prepotencia la profesional de la política que representa a un partido que no tiene más del 8% de los votos de los gallegos y cuyos planteamientos son absolutamente marginales en la sociedad gallega?

1 Geimlelo

Non me fan caso hai que insistir: UPG DISOLUCIÓN DISOLUÇAO DISOLUÇOM!!!!

1 Paco

Parabéns, atinaches co apelido, Geim.