Vox, o novo crebacabezas do PP en Galicia

O PSdeG ve un filón electoral e avisa de que Vox "quere salvar ao soldado Feijóo". O PPdeG asegura que Vox non ten representación en Galicia pero non aclara se pactará con eles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, recoñeceu este fin de semana que se deles dependen apoiarán a Núñez Feijóo para que siga gobernando en Galicia se o Partido Popular perde a maioría absoluta. Unhas declaracións que ocultan unha realidade dura de dixerir para o Partido Popular; a posibilidade de que dependan desta formación de ultradereita para seguir gobernando en Galicia.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Por iso, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, aproveitou estas declaracións para atacar duramente a Feijóo e suliñar que ten que vir a "ultradereita" a Galicia para "salvar ao soldado Feijóo" cando haxa eleccións autonómicas na Comunidade galega. Nunha rolda de prensa ofrecida este luns no Parlamento de Galicia, o xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que mentres o Partido Popular galego "segue co xogo da confusión", Vox xa se atreveu " a dicir" que quere "salvar a Feijóo".

"Galicia sabe que as dereitas van tentar sumar coa ultradereita para sumar algún mecanismo que lles permita alcanzar algunha posibilidade de manterse á fronte da Xunta", manifestou o secretario xeral do PSdeG. Este pacto, na súa opinión, suporía un "ataque" directo ao autogoberno e ao galeguismo "extensivo e integrador" que se construíu en Galicia desde que foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

O PPdeG, NERVIOSOS

O desembarco de Ortega Smith en Galicia non sentou nada ben nas filas populares. O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, notablemente nervioso e enfadado ao preguntarlle GC por esta cuestión, defendeu que os populares traballan para manter a maioría absoluta sen entrar "no círculo vicioso das coalicións das inestabilidades". Pero, sobre un hipotético pacto con Vox tras as próximas eleccións autonómicas, rexeitou falar de "futuribles" e non descartou un pacto coa formación de Abascal.

Puy lembrou que "o mesmo señor dixo un día antes que o seu obxectivo era cargarse a Feijóo". Preguntado novamente por GC acerca de se descarta entón un pacto con Vox, replicou que o que fai é non porse nesa tesitura. "Digo que traballamos para outra cousa. Eu non vou pactar con Vox porque non existe en Galicia", argumentou e lembrou que as autonómicas non están convocadas nin el sabe se será candidato.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Por iso, rexeitou falar "de futuribles". "Eu non teño por que dicir algo que non se se vai ocorrer e que o máis probable é que non ocorra dado o éxito que teñen estas persoas na sociedade galega, afortunadamente", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Mais fume

Manda carallo, dí o Voxtrus que o bloque vai encher as cunetas no día de mañá. Pastilliña tila e para a cama.

4 nostrus

Puede que Vox sea un partido fascista, pero tiene derecho a la existencia porque hay partidos mas fascistas que él. Por lo menos dice que respeta la Constitucion, cosa que se pasa por el forro partidos como Podemos o los partidos sepa-ratas.

3 Gamela

É evidente que VOX (se saca escano) salvará a Feijoo! Pero que o diga Gonzalito cando o seu xogo é pactar co BNG para auparse á Presidencia da Xunta mentras quen gobernará Galicia serán Abel Caballero e Carmela Silva ten moita GRACIA! Lembren vostedes como chegou Abel Caballero á obter a maioría absoluta en Vigo: primeiro pactou co BNG dándolle a Tenercia de Alcaldía, e logo deulle a puñalada facendoo desaparecer do mapa electoral (unha campaña de pintadas foron suficientes para machacar ao seu socio de goberno!) Cando remate esta festa Abel terminará nomeando cónsul ao seu sobriño ! Calígula o fixo co seu cabalo, que para o caso vén sendo o mesmo !!!

1 nominativo

¿Pero Abel e Gonzalo non se levan a matar? ¿Abel non lle puxo a Gonzalo todas as chatas que puido no camiño para evitar que fose o secretario xeral e candidato á Xunta?

2 Gamela

Abel perdeu a súa aposta por Susana Díaz e ao dia seguinte xa era de Pedro Sánchez de toda a vida... Gonzalo agachou as orellas e agora están a partir un piñón (os votos de Vigo son necesarios para ambos, e a Deputación de Pontevedra, e a Zona Franca de Vigo...) Próxima parada Monte Pío...

2 Fume todo fume

Dí o feixista, " por ahora ". Mañá deus dirá, quizais um outro golpinho coma o do 36 é a encher as cunetas. Cánto pailán polo mundo adiante.

1 nostrus

¿E quen nos garantiza que o dia de mañá non será o bloque quen enche as cunetas?. Recorda que a democracia do bloque basease na obligacion e non na devocion.

1 nominativo

Lo dice alguien cuyo jefe vota con la izquierda extrema y el independentismo golpista. Por ahora Vox es una fuerza constitucionalista, que quiere modificar la carta magna por vías legales, no como PabLenín que quiere tomar el cielo por asalto, o los independentistas que se pasan la ley por allí mismo.

1 Antifascista

Xa apareceu o fascista de turno.

2 nominativo

Para ti to'dios é fascista salvo ti e mais o teu can. Aprende algo anda, que non cola https://okdiario.com/opinion/politi...