Cando se fala do asociacionismo cultural galeguista en tempos do franquismo hai que reparar obrigatoriamente na Asociación Cultural de Vigo. Unha entidade que foi senlleira nun tempo nas as homónimas – “O Galo”, en Santiago; “Auriense”,en Ourense, “Amigos da Cultura”, en Pontevedra e “O Facho” na Coruña- tiñan unha programación excesivamente culturalista, de baixa intensidade.
  comenta   0
Militantes e alcaldes teñen claro que o actual PSdeG precisa un xiro de 180º. Un xiro que implique rematar cos "reinos de taifas", rematar co "oligopolio orgánico", traer xente nova que conecte coa mocidade e volver á rúa. "Escoitar á xente, estar coa xente, patear o país", indican. E, sobre todo, que haxa un programa e un proxecto propio, galeguista, "e non o que veña de Pedro Sánchez ou de Madrid".
  comenta   2
Alfredo Conde (Allariz) presentou o 29 de novembro o seu libro 'A Condo do Político', un percorrido pola súa faceta vinculada á vida política que desenvolveu de maneira máis activa como conselleiro de Cultura no goberno presidido por González Laxe. Considera que a evolución social empurra a enmendar constitucións e estatutos de autonomía e que determinados fenómenos políticos en Galicia só se explican pola desesperación ou o desengano.
  comenta   1
Sempre fun partidario de utilizar criterios innovadores para acadar a galeguización da sociedade fuxindo das inertes e manidas inercias.
  comenta   0
“Fala galego porque … pensa en galego!”. Este é o texto que que o artista ponteareán Vidalés Tomé lle puxo a unha caricatura súa de Enrique Peinador Lines, tocado cunha monteira, publicada nos anos vinte do século pasado. A min pareceme un retrato moi acaído do pensamento galeguista do empresario máis emblemático de Galicia que rexía os destinos do Balneario de Mondariz e da embotelladora de augas mineromedicinais.
  comenta   0
Justo Beramendi analiza os anos de formación, durante a II República, nos que o autor defendeu como líder estudantil unha universidade galeguizada e modernizada e foi un membro moi activo do Partido Galeguista. Uxío Breogán Diéguez: “Foi o deseñador da reconstitución do Partido Galeguista na clandestinidade, xunto a outras figuras como Xaime Illa Couto e Ramón Piñeiro”.
  comenta   0
O curso de verán arrinca cunha reivindicación do papel do protagonista das Letras Galegas 2023 como ideólogo do galeguismo.
O día 25 de xullo trae ao meu maxín vellas lembranzas do comezo das primeiras convocatorias do Día da Patria Galega en tempos da ditadura franquista, e dos inicios da miña militancia no galeguismo, que ten unha data: o 25 de xullo de 1965 na chamada Misa de Rosalía celebrada en San Domingos de Bonaval. Foi a primeira vez que tal acto litúrxico se realizaba en lingua galega na historia de Galicia. Ali estiven de axudante do Padre Seixas, que oficiaba o acto litúrxico.
  comenta   0
“O nacionalismo galego é a negación mesma do espírito conquistador pois representa a renuncia á grande patria forte. O seu obxecto é acender o patriotismo para que sexa unha forza criadora de cultura e cidadanía dentro do noso territorio".
  comenta   1
Queixouse algunha vez don Ramón Otero Pedrayo de que non se traballasen a rego tanto os arquivos galegos como os de fóra de Galicia. Tiña o convencemento de que neles estaba adormecida boa parte da memoria histórica.
  comenta   0
Desde moi pequeno o meu pai de forma recorrente contábame como comezara a traballar -sendo menor de idade- na famosa imprenta Roel da rúa Velázquez Moreno.
  comenta   0
"Viu que se podía resistir na actividade galeguista desde o ámbito cultural", salienta o titular de Política Lingüística, Valentín García.
  comenta   0
A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 4 de maio de 2016 dedícalle algúns artigos á protección dos camiños ou vieiros de valor cultural que cruzan a nosa xeografía. Todos eles foron estudados por diversos autores e autoras.
  comenta   0
Freixanes destaca as facetas do "inventor das Letras Galegas", ao que atribúe "a recuperación de Cunqueiro" para a literatura galega
  comenta   0
Confeso que dos xéneros literarios do que máis gusto é o das memorias. Nelas sempre hai informacións que transcenden o relato anecdótico porque definen con nidieza a personalidade das autoras e autores. Hai feitos históricos que non se entenden se non é coa axuda destas peculiares narracións. Relatos que pasan desaparecibidos para a grandilocuencia coa que se escribe a historia, pero fundamentais na súa construción.
  comenta   0
Cabeza de León foi tamén secretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País e membro fundador da Real Academia Galega.
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez participou este sábado en Lourenzá no acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023, coincidindo co 110º aniversario do seu nacemento.
  comenta   1
A Comunidade Galega de Cataluña levou a escena o seu espectáculo “Unha Xeración. Dous Mundos” o pasado 10 de decembro. Entre as autoridades presentes no acto estaban o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.
  comenta   0
Perfecto Conde (Xinzo-A Pontenova) é un referente do xornalismo de investigación dentro dos medios españois. Varios dos seus traballos tiveron pegada en diferentes áreas, desde La Gran Enciclopedia Gallega ás investigacións en Interviú, El País e o seu paso por TVE, Teima, Chan e outros medios. Ademais diso, recolleu durante os seus anos de exercicio "oficial" unha das axendas máis interesantes que calquera profesional dos medios querería ter. Esta é unha conversa sobre estes e outros puntos destacados do seu percorrido profesional, mesmo a investigación sobre o narcotráfico.
  comenta   0
Hai case dous anos nacía en Melide, no centro de Galicia como dixeron daquela, o Partido Galego. Un número importante dos seus cadros saíran de Compromiso por Galicia ante a "deriva socialdemócrata" do partido. Xosé Mosquera, presidente da nova formación reivindica os principios do Partido Galeguista para un partido "aberto". Nestes momentos están inmersos tanto na formación de agrupacións como en conversas con outras formacións políticas, sobre todo locais, para a creación de listas de cara as eleccións locais de 2023.
  comenta   1
Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benjamín Casal, do sector galeguista do PSdeG, votaron a favor de Gerardo Fernández Albor. Pilar García Negro destaca o impulso "galeguista" que Casares lle deu a Lei de Normalización Lingüística.
  comenta   0
"Estou convencido de que --Xosé Cuíña-- somatizou moita dor de todo o que lle causou esta circunstancia. Non o digo en termos científicos, senón o que vimos moitos na familia, que o que lle fixeran era unha inxusticia e entón todo aquel mundo que creara durante anos, desmoronouse", asegura o fillo de quen era chamado a ser o sucesor natural de Manuel Fraga e que foi defenestrado por Madrid.
  comenta   5
O pensamento económico galego ten unha historia apenas coñecida. Ese descoñecemento está desgrazadamente moi xeralizado. Vexamos algúns casos.
  comenta   0
As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.
  comenta   0
Editor, político e home de fortes compromisos, Casal é unha das caras máis visibles do galeguismo represaliado durante a Guerra.
  comenta   0
Os 'populares' galegos celebraron este venres o acto de conmemoración do Día de Galicia.
  comenta   0
Edicións Laiovento vén de publicar unha nova obra de Xosé Manuel Beiras titulada “ Retratos en fite”. Un libro no que o autor confesa admiración polo “Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo, que recolle a memoria dun fato de amigos cos que partillou militancia galeguista.
  comenta   0
Son dos que opinan que o Día das Letras Galegas debería mudar o seu obxectivo fundacional de divulgar a literatura galega por outro formato que explore novos horizontes. Esta exclusividade deixa sen visibilidade outros espazos nos que se xoga o futuro da lingua. Aínda máis: grandes franxas sociais non se sinten atraídas, en absoluto, polo carácter destas celebracións literarias; míranas de esguello, con indiferenza.
  comenta   0
A polémica por mor da desacertada decisión do xurado do Benidorm Fest de non permitir que a proposta maís votada polo público chegase en primeiro posto ten raíces ben chantadas no mal que tolle o plurilingüísmo recoñecido pola Constitución.
  comenta   0
Os presidentes da Xunta e do Parlamento participan nunha ofrenda floral xunto ao Partido Galeguista e a Fundación Castelao.
  comenta   0
Vén de aprobar unha proposta para defender o topónimo orixinal despois de que o Instituto Xeográfico Nacional recoñecera o outro a petición de Asturias.
  comenta   0
Estamos nas portas do nadal. A partir de agora as grandes campañas publicitarias farán máis visibles as ofertas comerciais que se lles ofrecen aos consumidores que por estas datas son máis receptivos a elas. As canles de televisión emitirán anuncios en atractivos formatos pregoando augas de colonia e perfumes franceses, idioma que os máis dos telespectadores non entenden. Pero tanto lles ten. Velaí a maxia da publicidade ben feita: facer crible o imcomprensible.
  comenta   0
Os conceptos son equívocos. Mesmo ás veces só poden facer dano, como cantou Depeche Mode (Enjoy the silence, 1990). Dende o ámbito do galeguismo político, ao longo dos seus 170 anos de percorrido, formuláronse propostas autonomistas, federalistas, confederalistas ou indepe-arredistas. Mais sempre dende a consideración do dereito de Galicia a decidirmos o noso futuro.
  comenta   0
Segundo o presidente da Xunta, os deputados Alfredo Conde, Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benxamín Casal "personificaban un galeguismo apto para todos os galegos".
  comenta   0
Ana Pontón ven de dicir que o BNG precisa alargar a súa base social para lle dar forza e continuidade ao avance electoral.
  comenta   0
Os socialistas destacan o papel histórico do seu partido na ofrenda a Castelao, con nota musical de Emilio Batallán.
  comenta   1