Persoal do centro informático de Facenda protestará este mércores contra "o abandono" da Xunta

Os traballadores critican que a Consellería de Facenda "leva oito anos sen realizar a obrigatoria adaptación" do Cixtec á lei de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Persoal do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) concentrarase este mércores, 18 de decembro, para denunciar "o abandono" da Xunta, que provoca "reducir" os seus dereitos laborais e un "empeoramento do servizo". Segundo informa CSIF nun comunicado, o comité de empresa realizará esta concentración ao mediodía ante a sede do Cixtec.

Respecto diso, os traballadores critican que a Consellería de Facenda "leva oito anos sen realizar a obrigatoria adaptación" do Cixtec á lei de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), o que "provoca un limbo legal e unha discriminación" respecto doutros empregados públicos.

"Isto tradúcese en que nin as prazas vacantes nin os postos de responsabilidade se cobren, o que supón unha perda na calidade do servizo que prestan desde o Cixtec, e que o persoal non ten dereito a acceder á carreira profesional nin a formación especializada para o seu posto", denuncia o comité de empresa deste ente público.

Por iso, os empregados inician un calendario de mobilizacións para que o Goberno galego poña fin á súa situación de "desamparo", pois Facenda "iniciou varios procesos de adaptación á lei no últimos oito anos sen chegar a concluír ningún", mentres "practica a indiferenza e a falta de interese pola situación de desigualdade".

Este ente público, creado en 1998, é o responsable dos sistemas informáticos que emprega a Consellería de Facenda para a xestión contable, financeira e orzamentaria, así como para a xestión tributaria.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios no Parlamento de Galicia. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios no Parlamento de Galicia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta