Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 11:19
Persoal do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) desconvocou a protesta prevista para este mércores ante o compromiso da dirección de Función Pública da Xunta de Galicia de presentar nos próximos días unha proposta que dea solución á situación deste ente público.
Así o informou nun comunicado o Comité de empresa do centro de informática da Consellería de Facenda, o Cixtec, no que explica que queda desconvocada a concentración prevista para as 12,00 horas deste mércores.
Segundo lembran no comunicado, o persoal deste centro "sofre as consecuencias de que a Administración pública leve atrasando oito anos a súa obrigatoria adaptación á lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia".
Este ente público, creado en 1998, é o responsable dos sistemas informáticos que emprega a Consellería de Facenda para a xestión contable, financeira e orzamentaria, así como para a xestión tributaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.