As exportacións galegas crecen un 1,4% en abril

Por outra banda, as importacións baixaron un 2,5%, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2025 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

As exportacións galegas creceron un 1,4% en abril en relación co mesmo mes do ano anterior, mentres que as importacións baixaron un 2,5%, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, as exportacións de vehículos automóbiles e tractores son as que teñen unha maior contribución positiva na variación interanual. Pola súa banda, as importacións de aparellos e material eléctrico e combustibles, aceites minerais son as que teñen unha maior repercusión negativa na variación anual.

Vehículos e coches de segunda man e ocasión á venda nun concesionario
Vehículos e coches de segunda man e ocasión á venda nun concesionario | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta