Só o aeroporto da Coruña medrou o número de pasaxeiros en xullo

Tanto o aeroorto de Compostela como o de Vigo perderon pasaxeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2025 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia



Todos os aeroportos de Galicia perderon pasaxeiros durante o mes de xullo, en comparación co mesmo mes de 2024, fóra da Coruña, que creceu un 0,3%, ata contabilizar 113.126 viaxeiros, segundo datos publicados este martes por Aena.

En concreto, a infraestrutura coruñesa rexistrou 1.546 voos en xullo, un 7,1% máis, das que 885 foron operacións comerciais, un 4,4% máis. No que vai de ano, acumula 744.356 pasaxeiros, un 4,3% máis, con 9.495 operacións (+12%).

O aeroporto de Santiago pechou xullo con 340.346 pasaxeiros, un 12,4% menos que no mesmo mes do ano pasado, baixando os voos un 9,7%, ata 2.534.

Entre xaneiro e xullo, Lavacolla contabilizou máis de 1,8 millóns de pasaxeiros, caendo un 13,3% respecto ao mesmo período de 2024, con 14.830 voos, un 7,1% menos.

Pola súa banda, desde Vigo voaron 104.160 persoas en xullo, un 6,5% menos, con 1.149 voos, un 3,7% máis.

No que vai de ano, Peinador rexistrou 626.499 pasaxeiros, un 10,3% máis que no mesmo período de 2024.

Pasaxeiros procedentes de Londres camiñan entre os corredores delimitados, antes de encher un formulario, á súa chegada ao Aeroporto de Madrid-Barallas Adolfo Suárez, como medida de control dos casos sospeitosos de coronavirus catro días despois desde. Jesús Hellín - Europa Press
Pasaxeiros procedentes de Londres camiñan entre os corredores delimitados, antes de encher un formulario, á súa chegada ao Aeroporto de Madrid-Barallas Adolfo Suárez, como medida de control dos casos sospeitosos de coronavirus catro días despois desde. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta