Os sindicatos do ensino concertado reclaman por cuarta vez unha reunión coa conselleira de Educación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Representantes sindicais de FSIE, UGT, CC.OO. e USO reclamaron unha solicitude de entrevista coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, para tratar a situación dos traballadores do ensino concertado.

Protesta do profesorado da ensinanza concertada diante da sede da Xunta
Protesta do profesorado da ensinanza concertada diante da sede da Xunta | Fonte: Feuso

Segundo lembran estas entidades, trátase da cuarta ocasión na que tentan concertar unha reunión coa mandataria autonómica, tanto por trámite ordinario como no seo da Comisión tripartita, todas elas sen éxito.

Este 16 de decembro, varios destes representantes volveron presentarse nas dependencias da Consellería para insistir na súa petición de reunión, da que saíron coa promesa de que se daría unha resposta.

Entre os temas pendentes no sector, destacaron a homologación salarial e das condicións de traballo coa pública, a paga extraordinaria de antigüidade, a xubilación parcial ou o acordo de mantemento de emprego, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta