Temas: BNG

O BNG estará no Grupo Parlamentario Plural no Congreso

Junts per Catalunya, Más País, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, o Partido Regionalista de Cantabria e Teruel Existe acordan rexistrar esta opción para alixeirar o Grupo Mixto.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/12/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Junts per Catalunya (JxCat), Más País-Equo, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), o Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe acordaron este xoves rexistrarse como Grupo Parlamentario Plural no Congreso e así poder alixeirar o Grupo Mixto.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG

A decisión adoptárona nunha reunión celebrada na Cámara Baixa e, a falta dalgúns detalles, o escrito rexistrarase este venres, último día do prazo extraordinario que deu a Mesa do Congreso tras rexeitar os dous primeiros intentos para dividir o mixto, tanto o territorial de UPN, CC, PRC e Teruel como o múltiple de Junts, Máis País Compromís e BNG.

Segundo fontes parlamentarias, o grupo nacerá con 15 deputados: os sete de Junts (o oitavo, Jaume Alonso Cuevillas, aínda non tomou posesión ao non poder acudir á sesión constitutiva do pasado día 3); os tres da coalición Más País-Equo-Compromís; os dous da coalición CC-NC, e os representantes de BNG, PRC e Teruel Existe (un por cada un). O seu portavoz titular será a cabeza de lista de Junts, Laura Borràs, como formación maioritaria, aínda que irán rotando mensualmente.

Ao cumprir o mínimo de 15 deputados que establece o regulamento para a formación dun grupo parlamentario, os asinantes esperan que a Mesa do Congreso autorice a súa constitución na reunión que celebrará o vindeiro luns.

O deputado de Compromís, Joan Baldoví, xa asegurou tras reunirse coa socialista Adriana Lastra que o PSOE, que con Unidas Podemos ten maioría no órgano de goberno da Cámara, non poría peros a un grupo de quince ou máis deputados.

Se é así, no Grupo Mixto quedarían os dous deputados da CUP, que declinaron participar nestas negociacións, así como os dous de Unión do Pobo Navarro (UPN) e o de Foro Asturias, que ao presentarse ás eleccións en coalición co PP non contaban co visto e prace dos letrados para crear un grupo paralelo.

O que aínda non acabaron de perfilar os partidos que integrarán este novo grupo é quen permanecerá nel ata o final da lexislatura e cales dos seus compoñentes acabarán recalando no mixto.

MUDANZAS PARA NIVELARSE CO MIXTO

A idea que cobra máis forza é que ao final compartan o Grupo Plural os partidos que inicialmente tentaran aliarse baixo a denominación de Grupo Múltiple, unha fórmula que non recibiu o aval da Mesa do Congreso porque os seus integrantes non chegaban ao 5% dos votos en toda España. Se esta idea se impón, ao final o Grupo Plural integraríano Junts, Más País, Compromís e o BNG, en total, doce deputados.

Pola súa banda, Coalición Canaria, Nova Canarias, o PRC e Teruel Existe volverían ao Grupo Mixto para repartirse coas CUP, UPN e Foro. En total sumarían nove deputados de sete partidos, con representacións moi equilibradas porque ningún ten máis de dous escanos.

Como o Regulamento establece que o cambio de grupo só pode facerse ao principio de cada período de sesións, os partidos 'pequenos' seguen negociando como repartirse a súa representación nos debates e nas comisións que poidan ter lugar ata o 1 de febreiro. Máxime tendo en conta que una desas citas previstas é o debate de investidura.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Queipo del Monte

por fin tres minutos de libertad, frente a horas de esclavitud bajo el comité central de la progresía centralista madrileña!!!!!!

1 Gamela

Sexa o que sexa que decidan... Nestor Rego vai ter 3' ao trimestre para a famosisima "axenda galega" (?) Seica os seus camaradas de EH-Bildu e ERC aplícanlle a lei do funil Curioso que en Europa Ana Miranda estea a presumir xa de "eurodeputada" mentres en Madrid as contas sonche moito máis estreitas (?) UPG Disolución !

1 xacobe

Falouse mais dos problemas de Galiza nun mes que en todos estes anos que o BNG non estivo en Madrid.

2 Gamela

Curioso, eu non escoitei nadiña, agás pecha Alcoa, pecha Barreras, pecha Vulcano... Será que co BNG "Pecha Galiza" ? Tamén pecha o "paridoiro de Verín" pero iso non ten que ver con Madrid... Eu o único que escoitei foi que un tal Rego non quixo visitar ao Rei na Zarzuela... mira tí que oportunidade perdida para falar dos PECHES en Galicia (?) Pero as instruccións seica proveñen dun tal PacoZarzuelas (perdón, Rodríguez)