Temas: EXPORTACIóN

As exportacións galegas volven caer en outubro, mentres as españolas seguen crecendo

Hai un retroceso acusado nas vendas de bens de equipo e produtos enerxéticos, pese ao repunte no sector do automóbil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

As exportacións galegas descenderon un 1,2% en outubro en comparación co mesmo mes de 2018, o que contrasta coa nova marca que acaban de alcanzar as vendas ao exterior de España.

Produción do Peugeot Partnet eléctrico en Vigo
Produción do Peugeot Partnet eléctrico en Vigo | Fonte: Europa Press

En outubro, as vendas ao exterior en Galicia volven a terreo negativo en consonancia co retroceso rexistrado de media no que vai de ano, pese ao repunte que se produciu en setembro.

Segundo os datos feitos públicos este venres pola Dirección Territorial de Comercio e ICEX, Galicia exportou bens por 2.199,7 millóns e importou por 1.972,1 millóns, o que deixa un superávit comercial de 227,7 millóns, un 39,4% inferior a un ano antes.

Por provincias, destaca a evolución positiva das exportacións de Pontevedra (cun aumento interanual do 3%), fronte aos descensos rexistrados por Lugo, A Coruña e Ourense (con taxas decrecientes respectivamente do 32,8%, 2,7% e 2,0%).

No caso do fluxo importador de Galicia, o catro provincias mantiveron unha evolución positiva, con Ourense e Pontevedra á cabeza (con taxas de crecemento respectivas do 12,2% e do 10,5%).

PRINCIPAIS SECTORES

Por sectores, sofren o maior retroceso os bens de equipo (-12%), produtos enerxéticos (-9,4%) e semimanufacturas (-4,8%). En cambio, hai unha alza de manufacturas de consumo (+6,3%), sector de alimentos (+5,7%) e automóbil (+3,2%).

No tocante a mercados das vendas, a UE concentra a maior parte (o 77,8%), pero cun retroceso anual do 1,5%. Francia e Portugal seguen á cabeza.

Fóra da UE destacan Marrocos (3,6% da exportación, Estados Unidos (2,4%) e China (1,2%). Identifícase un retroceso acusado de vendas a América e Oceanía.

Temas: EXPORTACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta