Marcos Salgueiro preside Adexmar (Asociación Provincial de Maioristas Exportadores de Peixes e Mariscos da Mariña) e nesta conversa fai especial fincapé na necesidade de consumir peixe fresco para a mellora da dieta diaria. As empresas que forman parte de Adexmar serven produto con selo de calidade e do día a numerosos mercados dentro e fóra de Galicia chegando a fornecer clientes en Portugal, Francia, Grecia ou Italia.
O presidente da patronal galega, Juan Manuel Vieites, relata que Galicia, "fundamentalmente, vese afectada o sector agroalimentario e manufacturados"
  comenta   0
Os produtos con maior influencia negativa nas exportacións en xaneiro foron os combustibles e os que tiveron unha maior influencia positiva foron as conservas de carne ou peixe.
  comenta   0
Rompen coa tendencia alcista, pero o descenso é menos acusado que o 6,4 % de retroceso da media española no mesmo mes.
  comenta   0
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia destaca as variables relacionadas co turismo, mentres que supoñen "certo lastre" as exportacións e importacións.
  comenta   0
A exportación de electricidade e gas representa o 11 % do total de destinos destes produtos enerxéticos en Galicia, segundo datos do IGE.
  comenta   0
A unión de Tevasa Forestal Group e The Macallan permitirá "internacionalizar" a exportación de carballo.
  comenta   0
Segundo o Foro, a economía galega creceu no terceiro trimestre tres décimas por baixo do estimado no conxunto de España e seis décimas menos que a media española en termos interanuais.
  comenta   0
A industria farmacéutica galega está composta por empresas implantadas no noso territorio desde onde operan cara os circuítos comerciais, outras nacidas en territorio galego trasladaron a súa sede principal a lugares como Madrid deixando algunhas seccións no país. Por outra parte, anunciouse a creación de novos laboratorios, un deles en Monforte. Mais a cuestión é se o sector supón a día de hoxe un activo con peso dabondo na economía galega.
  comenta   0
O grupo alimentario ourensán vén de participar no certame Internacional Sial Xangai, a maior mostra comercial de alimentación de China e unha das feiras máis importantes do mundo, que se desenvolveu entre o martes 28 e o xoves 30 de maio na cidade asiática.
  comenta   0
As exportacións galegas de produtos de alta tecnoloxía caeron un 0,85 % en 2023, mentres que as importacións desta clase de elementos tamén baixaron un 0,83 %, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Galicia exportou bens por 2.494.910 millóns de euros en setembro, un 13,5 % menos que no mesmo mes de 2022, segundo os datos de comercio exterior publicados polo Instituto Galego de Estatísticia (IGE) este venres.
  comenta   0
A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Instituto Galego de Promoción Económica asinou un novo acordo de colaboración coa Cámara de Comercio de China para a importación e exportación de maquinaria e produtos electrónicos do país asiático, co que busca afianzar as relacións comerciais.
  comenta   0
O prezo das exportacións na comunidade creceu un 2,7% e o das importacións caeu un 3,5%.
  comenta   0