Baixan os prezos de bens exportados por Galicia case un 2% en febreiro

Os prezos de bens importados diminuíron un 5,4% en termos interanuais en febreiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Os prezos dos bens exportados por Galicia durante o mes de febreiro baixaron un 1,8% en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.

Pola súa banda, os prezos de bens importados diminuíron un 5,4% en termos interanuais en febreiro.

Por destino económico, hai un retroceso interanual do 2,9% nos bens de consumo. Os prezos dos bens intermedios baixaron unha 2% fronte ao mes de febreiro de 2023. En cambio, os de bens de capital elévanse un 6,4%.

No tocante ás importacións, os prezos de bens de consumo rebáixanse unha 5,9% fronte ao mes de febreiro do ano anterior. Os de bens intermedios experimentan unha baixada do 4,5% e dos bens de capital redúcense un 15%.

Imaxe dun barco con mercadorías con productos para as importacións e exportacións
Imaxe dun barco con mercadorías con productos para as importacións e exportacións | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta