Galicia recibirá 10.239 millóns de euros das entregas a conta, un 9,2% máis, segundo Hacienda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2025 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

Galicia recibirá 10.239 millóns de euros das entregas a conta, un 9,2% máis, segundo destaca o Ministerio de Hacinda, que fala do maior dato "da historia" da comunidade. O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-Lei para actualizar as entregas a conta das comunidades e tamén das entidades locais do ano 2025.

Facenda asegura que as comunidades recibirán "as maiores entregas a conta da historia" con 147.412 millóns de euros, o que supón un incremento do 9,5% respecto das percibidas o ano pasado. A esa cantidade suma a liquidación de 2023, que é a diferenza entre a estimación de ingresos (entregas a conta) e os ingresos reais cando finaliza o exercicio contable, e que alcanza os 11.692 millóns de euros.

"Por tanto, as comunidades autónomas recibirán este ano un financiamento total de 158.167 millóns, a máis alta da historia, cun incremento do 2,5% respecto ao ano pasado", destaca. Pola súa banda, Galicia recibirá, afirma o ministerio, "as maiores entregas a conta da súa historia con 10.239 millóns de euros, un 9,2% máis que o ano pasado". "A esta cantidade hai que sumar a liquidación de 2023, que ascende a 680 millóns", engade.

Por tanto, o financiamento total de Galicia en 2025 alcanzará os 10.834 millóns, un 2,6% máis, segundo o ministerio.

Arquivo - Billetes de euro, diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Billetes de euro, diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta