Máis protestas para esixir o dragado da ría do Burgo na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

Representantes da Plataforma en Defensa da Ría do Burgo concentráronse ante a Delegación do Goberno en Galicia para reclamar o dragado e a rexeneración da mesma, segundo informaron.

Fixérono cunha pancarta na que se podía ler a lema 'Defendamos a nosa ría. Recuperemos a ría do Burgo' e nunha protesta que contou coa participación da concelleira do BNG no Concello da Coruña, Avia Veira.

A edil mostrou o seu apoio ás reivindicacións do colectivo de mariscadores e apelou á necesidade de que este espazo natural "se rexenere, tanto desde o punto de vista ambiental como económico".

Protesta para reclamar a rexeneración da Ría do Burgo. BNG
Protesta para reclamar a rexeneración da Ría do Burgo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta