Cada galego gasta 68,8 euros de media para o Sorteo de Nadal

Galicia queda lonxe do que invirten en Lotaría os habitantes de Castela e León, unha media de 105,70 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Cada español gastaría este ano unha media de 68,48 euros en comprar décimos para o Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal que se celebra este domingo 22 de decembro, un total de 0,92 euros máis que en 2018, segundo a cifra de consignación por habitante da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE). No caso de Galicia, a cifra é similar e sitúase nos 68,8 euros.

Esta cantidade é estimativa, xa que o dato será definitivo cando se reciban as devolucións de boletos non vendidos durante a campaña deste tradicional sorteo. O ano anterior, a consignación por habitante previa foi de 67,56 euros de media.

Deste xeito, os máis de 68 euros de gasto por persoa corresponden ás estimacións de venda que fai SELAE á hora de enviar os boletos ás administracións de lotaría, aínda que máis tarde sempre hai unha proporción de décimos que quedan sen vender.

Por rexións, a comunidade autónoma que previsiblemente máis gasta por habitante este ano é Castela e León, cunha media de 105,70 euros, seguida de Asturias (99,36 euros), A Rioxa (96,32 euros), Aragón (94,11 euros), Cantabria (85,83 euros), Comunidade de Madrid (82,75 euros), País Vasco (77,73 euros), Comunidade Valenciana (76,25 euros), Castela-A Mancha (73,33 euros) e Galicia (68,80 euros).

Mentres, segundo os datos recolleitos por Europa Press, os que menos gastan en 2019 son novamente os habitantes das cidades autónomas de Melilla (13,72 euros) e Ceuta (16,88 euros), seguidos dos de Baleares (42,61 euros), Canarias (46,44 euros), Andalucía (53,53 euros), Cataluña (54,81 euros), Estremadura (56,55 euros), Navarra (59,62 euros) e Murcia (65,51 euros).

Respecto das distintas comunidades autónomas, onde máis Lotaría de Nadal se vende é en Madrid (544,3 millóns de euros consignados), seguida de Andalucía (448,7 millóns de euros), Cataluña (416,5 millóns de euros), Comunidade Valenciana (378,4 millóns de euros), Castela e León (254,6 millóns de euros), Galicia (185,8 millóns de euros), País Vasco (170,9 millóns de euros), Castela-A Mancha (148,6 millóns de euros) e Aragón (123,1 millóns de euros).

Pola contra, os que menos Lotaría de Nadal teñen consignada son Melilla e Ceuta con 1,18 millóns de euros e 1,43 millón de euros, respectivamente, A Rioxa (30,4 millóns de euros), Navarra (38,6 millóns de euros), Baleares (48,1 millóns de euros), Cantabria (49,8 millóns de euros), Estremadura (60,6 millóns de euros), Murcia (96,8 millóns de euros), Canarias (98,8 millóns de euros) e Asturias (102,1 millóns de euros).

Lotaría de Nadal
Lotaría de Nadal | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta