Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2019 | Actualizada ás 12:54
A asociación animalista Libera calcula que contorna a 5.000 animais, na súa maioría cans e gatos, serán regalados durante este Nadal. Deles, advirte que uns 2.000 --o 40 por cento-- serán abandonados durante os meses de xaneiro e marzo do 2020, cando os cachorros empezan a crecer.
A través dun comunicado, o colectivo lanza unha voz de alarma ante o "crecemento" do número de especies que son adquiridos por estas datas, unha tendencia "que se está dando no conxunto do Estado español".
Os animalistas responsabilizan diso "á falta de campañas de sensibilización". Así, aseguran que dos 2.000 animais que serán abandonados, poderíase reducir nun 60 por cento este número "se a Xunta e os concellos desenvolvesen" algunha iniciativa.
Ademais, Libera avisa do aumento "exponencial" de anuncios "irregulares" en Internet con ofertas e referencias ao período do Nadal, "coa intencionalidade de que os nenos e nenas reclamen a adquisición de toda clase de pequenos animais coma se fosen un xoguete máis".
Así mesmo, o colectivo calcula que o abandono animal suporá aproximadamente un gasto público de 400.000 euros incluíndo a recollida, acollida, manutención e intervencións veterinarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.