O fin de semana sáldase con 65 accidentes de tráfico

O número de persoas atendidas ascende a 84.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 asistiu durante o fin de semana a 84 persoas implicadas en 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre o mediodía do venres e a medianoite do domingo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, con 34.

En concreto, a Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 84 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061. Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou unha maior cifra de accidentes, con 26, seguida da Coruña, onde se produciron 23, Lugo, con 11, e Ourense, onde tiveron lugar 5. No relativo ás vítimas, o 63 por cento eran homes, mentres que o 37 por cento foron mulleres. O 34 por cento tiña entre 25 e 39 anos.

Os recursos sanitarios mobilizados por este motivo foron 88. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado acudiron a nove accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron a tres sinistros de circulación.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 15 ocasións atendeuse á vítima no propio lugar do incidente. Dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

Imaxe dun accidente na estrada. EMERXENCIAS MADRID
Imaxe dun accidente na estrada. EMERXENCIAS MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta