"Descubrimento importante" na meca do Paleolítico galego

A USC, cuxo reitor visita mañá a Cova Eirós, anuncia un "descubrimento importante" neste lugar que habitaron Sapiens e Neardentais, e que xa aportou a proba de que o país seguiu habitado no momento máis duro da última glaciación.

Por Galicia Confidencial | Triacastela | 19/08/2012 | Actualizada ás 23:12

Comparte esta noticia

O reitor da USC Juan Casares e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, visitarán mañá a Cova de Eirós. Este xacemento de Triacastela está a aportar máis e máis sorpresas no seu quinto ano de excavación.

A Universidade de Santiago anunciou que recentemente se produciu un "descubrimento importante", aínda que non precisou máis detalles polo de agora.

Os traballos corren a cargo do Grupo de Estudos para Prehistoria do Noroeste do Departamento de Historia I da USC (GEPN) xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES).

Entre os achádegos destes cinco anos até hoxe destacaba un colgante que evidencia a presenza humana no noroeste nos momentos máis duros da última glaciación. Atopouse nun nivel datado hai uns 26.000 anos, no período do Paleolítico superior coñecido como Gravetense.  

As medicións sitúan a esta peza como a evidencia máis antiga de arte moble do noroeste peninsular, correspondéndose cunha etapa na que as montañas estaban cubertas de mantos de xeo e as paisaxes interiores dominadas por pradeiras. Diante da falta de xacementos datados neste época, adoitaba pensarse que Galicia se atopaba despoboada debido aos rigores climáticos.

No xacemento hai unha gran cantidade de material lítico e restos de fauna dunha antigüidade que vai dende os 12.000 aos 120.000 anos, o que o converte en punto de referencia na Península Ibérica para estudar os diferentes modos de vida e a evolución da complexidade tecnolóxica e social das dúas especies de homínidos, Sapiens e Neardental.  Os directores do proxecto cren que en Eirós pódense atopar restos das dúas especies no mesmo entorno.

Pero a verdadeira importancia do xacemento radica na secuencia das súas ocupacións. Así, nos niveis superiores aparece a primeira testemuña da chegada dos humanos modernos a Galicia como son restos de ferramentas en sílex e cristal de rocha e unha tecnoloxía laminar baseada na fabricación de pequenas follas en cristal de rocha.

A quinta campaña de excavación comezou o 12 de agosto e rematará en setembro. En principio estaba previsto atopar restos da época en que se supón o Home Sapiens entrou na Península Ibérica.

PP
PP

O colgante feito a partir dun canino dun pequeno carnívoro, previsiblemente un raposo, pon de manifesto a presenza de ocupación humana no noroeste peninsular nos momentos máis rigorosos da última glaciación, o pleniglaciar
O colgante feito a partir dun canino dun pequeno carnívoro, previsiblemente un raposo, pon de manifesto a presenza de ocupación humana no noroeste peninsular nos momentos máis rigorosos da última glaciación, o pleniglaciar
O colgante de 26.000 anos atopados en Eirós
O colgante de 26.000 anos atopados en Eirós | Fonte: USC
Excanvando en Eirós
Excanvando en Eirós | Fonte: USC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 saña

Dado o noso comportamento social, politico e cultural, moito me temo que foron os Neardentales os que prevalecen na Galiza sobre os Homes sapiens, os feitos me remito.

1 Quemaisquixeras

Modelo de conselleiro conservador,da caverna a cova.Hai que acudir as fontes,hacia alá nos queren levar.A pesares dos tempos que nos toca vivir,ou por eso,unha boa nova

2 Klotcho

Por fin unha nova de arqueoloxía en verán!! e sen castrexos nin celtas! ben!

1 O Príncipe dos Mouros

En que día creou o deus do cristianismo o home de Neanderthal? Por favor, que a Igrexa nolo explique! :P

1 empolado

¿Cando collerás moza? Qué agosto e che vai pasar o arros

2 eusi

Os curinhas tenhem muito que explicar: por que morrem milheiros de nenos ao dia por doenças que tenhem cura? Pois porque deus nom se mete nas cousas dos homes: vaites resposta mais parva para um ser omnipotente e omnipresente!