Os encoros galegos, ao bordo da súa capacidade tras o paso de 'Elsa' e 'Fabien'

Atópanse por encima do 90% da súa capacidade tras gañar 221 hectómetros cúbicos de auga coas últimas choivas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse por encima do 90% da súa capacidade, tras gañar 221 hectómetros cúbicos de auga grazas ás últimas choivas derivadas dos temporais Elsa e Fabien, que afectaron a Galicia no final da pasada semana.

En concreto, segundo o boletín semanal do Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros galegos conteñen 3.367 hectómetros cúbicos de auga, máis do 90% da súa capacidade total e 221 máis que hai pouco máis dunha semana.

Os encoros da conca Miño Sil están ao 90,2% da súa capacidade, con 2.733 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 212 máis que o martes da pasada semana.

Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa teñen 634 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón nove máis que a semana pasada. Neste caso, están ao 92,7% de ocupación.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta