O persoal laboral da Xunta poderá converterse en funcionario

O Goberno galego abre 1.420 prazas para as categorías A1,A2,C1,C2 e para a Agrupación Profesional de Persoal Funcionario. Terán obritas e dereitos diferentes e máis salario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A Xunta comezará o vindeiro ano un intenso proceso de funcionarización do seu persoal laboral. Un proceso que comezará con 1.420 prazas para que o persoal laboral poida converterse en funcionario e, deste xeito, gozar de diferentes dereitos e obrigas e mellores percepcións salariais.

Concentración de funcionarios en la explanada de la Xunta en San Caetano
Concentración de funcionarios en la explanada de la Xunta en San Caetano

O obxectivo é que estes traballadores poidan acceder ás categorías A1,A2, C1, C2 e á Agrupación Profesional de Persoal Funcionario no primeiro semestre do 2020. Para iso, terán que superar un concurso oposición. Con todo, Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, non especificou o número total de persoas que poderán presentarse a esta proba.

O proceso é voluntario e é diferente a unha promoción interna. Con todo, os que consigan acceder á carreira funcionarial da Xunta terán diferentes dereitos e tamén diferentes salarios, xa que cobrarán máis en función da categoría na que estean e dos trienios acumulados. O proceso estará aberto para o persoal da Administración autonómica e o da educación e sanidade pública. 

A Xunta incide en que estivo a negociar previamente cos sindicatos as distintas convocatorias e contou co voto favorable de UGT e CC.OO. O Consello da Xunta deu luz verde ao decreto unha vez que dispón do aval do Consello Consultivo de Galicia. A previsión é que estes primeiros procesos desenvólvanse no primeiro semestre de 2020.

Este é o primeiro proceso de funcionarización da historia da autonomía e está previsto no Acordo de Concertación Social do Emprego Público de Galicia asinado entre a Xunta e os sindicatos a principios deste ano. Estes profesionais seguirán ocupando o mesmo posto de traballo e non sufrirán perdas retributivas, á vez que consolidan a percepción do complemento de carreira profesional, que estaba supeditado á superación deste proceso.

Feijóo destacou que o 95 por cento do persoal laboral fixo que presta servizos na Xunta pediu acollerse o pasado ano a este proceso de funcionarización

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Viva a servidume! O caso é ter “padrinho” e que te “coloque”, depois os sindicatos legalizaram a falcatruada, para isso estám; para manter e suster a ilegitimidade e a negaçom do Direito de Igualdade. Ainda nom chegárom à Revoluçom Francesa, perpetua o feudalismo degenerado: o caciquismo.