O BNG critica a Xunta e Goberno por non enfrontarse aos "intereses espurios" de Endesa

Presentará nos próximos días unha proposición non de lei para esixir ao Goberno español que "Galicia sexa incluída na estratexia da transición xusta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que o anuncio do peche da central térmica das Pontes evidencia a "incapacidade" da Xunta e do Goberno central para defender aos galegos fronte aos "intereses espurios" de Endesa.

Nun comunicado remitido aos medios, Pontón denunciou que Endesa "explotou os recursos naturais gañando miles de millóns de euros durante estes anos" polo que agora "non pode deixar tirada a Galicia nin pode deixar tirada ás Pontes".

Para a líder dos nacionalistas galegos, a responsabilidade do peche da central compete ao Goberno galego e ao Executivo central. "Á Xunta porque non ten ningún plan para facer fronte á transición enerxética" e ao Goberno central porque "segue empantanado na súa indefinición e non ten en conta as particularidades de Galicia en relación co proceso de transición enerxética".

ALTERNATIVAS

Ante iso, a portavoz nacional do BNG deixou claro que a súa formación seguirá reclamando, dentro da súa "axenda galega", que non se produza "un peche brusco da central das Pontes" sen alternativas reais sobre a mesa. Ademais, Pontón reclamou á Xunta medidas para unha transición enerxética "xusta" e que non permita que Endesa "deixe tirado ao Concello e á comarca das Pontes".

Por outra banda, este mesmo venres, o deputado de BNG no Congreso, Néstor Rego, explicou que presentará nos próximos días unha proposición non de lei para esixir ao Goberno español que "Galicia sexa incluída na estratexia da transición xusta nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos que Aragón, Asturias e Castela e León".

Pontón fai balance político do 2019
Pontón fai balance político do 2019 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Rego igual debera redactar de novo a súa moción, seica León-Zamora-Salamanca vanse independizar de Castela, e a UPG seguramente está a favor do dereito de autodeterminación de León (internacionalismo nacionalista obriga) Aquí é onde se senta a Axenda Galega https://youtu.be/nd3tWQn2lSc