Por GC Tendencias | A Coruña | 22/08/2012 | Actualizada ás 14:30
Segundo Mariano Fernández Cabarcos, estas son as consecuencias do concuso de licenzas radiofónicas que a Xunta de Galicia convocaba o pasado 27 de xullo, e no que se exclúe explícitamente ás radios comunitarias. É dicir, se unha radio comunitaria galega quere obter unha licencia, vese obligada a asumir as condicións das radios comerciais (ou o que é o mesmo, chegar a nado onde outros chegan a vela).
Así as cousas, cabían, segundo os representantes da emisora herculina, dúas opcións: continuar como até o de agora, sen licencia, esperando eternamente o desenvolvemento dun regulamento que debería ter entrado en vigor antes do 1 de maio pasado, e arriscándose a ser clausurados en calquiera momento, ou mesmo a ser invadidos no seu dial; ou botarse ao monte solicitar a licencia.
Todo ou nada
E os integrantes de Cuac fm apostaron polo todo: a radio coruñesa concursará para obter unha das tres licenzas que a Xunta destina ao espectro radioeléctrico de A Coruña, pero non sen antes recorrer o concurso. “Nos non queremos esta licenza, o que queremos e que a Xunta rectifique e destine algún dial específico e licenzas específicas para as radios comunitarias. Pero se a opción é esta, ou ningunha, pois a resposta está clara”, explican os responsables da emisora.
E, para poder acadar os 12.000€ que precisan para presentarse ao concurso, Cuac fm pon en marcha unha campaña de crowdfunding a través de goteo.org que permite a quen o desexe colaborar, con aportacións de entre 40 e 200 euros, que serán reembolsadas ou contraprestadas con publicidade, patrocinios ou espacios na parrilla de emisión dunha radio que leva máis de 16 años enchendo as ondas dende o 103.4 do dial coruñés.
Máis dunha década de traballo voluntario e social pola que pasaron preto de 320 programas, que son, dito sea de paso, os seus mellores abanderados: socios e exsocios –e son moitos- colaboran económicamente coa causa, e preparan unha xornada de portas abertas –máis abertas aínda se cabe- para o vindeiro 30 de agosto, data na que presentarán a súa candidatura ao concurso. E mentres as accións legáis seguen o seu curso, dende a dirección de Cuac fm solicitan a toda a cidadanía que participe activamente.
Na súa web pódese descargar un prego para solicitar á Xunta que modifique o concurso, e, por suposto, a súa parrilla está aberta a todo aquel que desexe participar: “non se trata dos nosos dereitos, trátase do dereito de todos a comunicar, a informar e ser informados. As radios comunitarias non somos radios comerciais, somos un servicio público e cidadá”.
Responsables de CUAC FM deron hoxe unha rolda de prensa para compartir a súa inquedanza. Imaxes da rolda de Iván Louzán (opinguino).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.