Feijóo sostén que prefire novas eleccións a "un goberno de Podemos, o independentismo e Sánchez"

Di que preferiría un pacto co PP e defende que Casado "está á altura"."ERC non só condiciona, faino de forma pública e notoria para que se note a humillación", denuncia o presidente galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, diagnostica unha "inestabilidade política histórica no conxunto da nación" e unha "ruptura do status xurídico, constitucional e institucional que hai en España". "Entre un goberno de Podemos, o independentismo e Pedro Sánchez e unha oportunidade para que os españois volvan decidir, eu quédome coa segunda opción", decántase nesta conxuntura.

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Feijóo sostén que "non ten sentido esta fuxida cara a lugares escuros e que lembran ao pasado", cun goberno de coalición do PSOE cun partido de "unha ideoloxía absolutamente trasnoitada e ineficaz como Podemos", e censura que "a chave do goberno téñana dous partidos políticos que non queren formar parte de España".

O dirixente popular opina que Podemos "non é a solución para cogobernar España en momentos de desaceleración económica e dunha crise territorial tremenda" e reprocha a Sánchez que cambiase " de opinión" sobre uns socios que, antes das eleccións de novembro, vía que provocarían "ter dous gobernos nun e que a súa política económica e a súa mensaxe económica serían moi prexudiciais para os intereses españois".

"Se Pedro Sánchez senta e chama ao PP para facer un goberno de máis de 200 deputados sería un primeiro ministro homologable ao resto de primeiros ministros europeos", afirma Feijóo.

"O PP SENTOUSE CON SÁNCHEZ"

Fronte ao "seis meses de mentira continuada" de Sánchez, Feijóo defende que o seu partido segue sendo "o mesmo PP que ofreceu o pacto e a coalición de goberno no ano 2015-2016 como forza máis votada e que se sentou con Sánchez para ver se realmente se pode facer un pacto de investidura".

Acerca de se o presidente do PP, Pablo Casado, debería tomar a iniciativa, Feijóo defende que "en calquera instante que o candidato á Presidencia descolgue o teléfono, ponse e fala con el cada vez que lle chamou". Neste punto, ampárase en que "a alocución de Casado o propio domingo (electoral) foi medida, non pechando portas a nada" e lembra que el mesmo, "nas portas de Xénova", apostou pola gran coalición PP-PSOE.

Preguntado se lle aconsellou a Casado dar un paso adiante neste sentido, Feijóo responde: "O presidente e eu falamos bastante sobre iso. E a min o presidente Casado nunca me transmitiu que se Sánchez o chama para buscar unha gobernabilidade vaille a dicir que non". "Pór a carga de proba á persoa coa que en ningún caso se quere falar parece que roza a humillación", xustificou.

"Nós somos un partido de Estado. Cando tivemos ocasión de ser lista mais votada ofrecémoslle nos anos 15 e 16 dúas opcións: ou un pacto de investidura ou unha coalición de goberno. Ás dúas contestou da mesma forma: non é non. E aquel 'non é non' é o mesmo de novembro de 2019. É o mesmo autor e o mesmo comportamento político: co PP non. Podemos humillarnos cada 15 minutos, pero se co PP non, pois entón será que non", argumentou Feijóo.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante a súa entrevista para Europa Press na delegación da Xunta de Ourense / Galicia (España).. ROSA VEIGA /EUROPA PRESS / Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante a súa entrevista para Europa Press na delegación da Xunta de Ourense / Galicia (España).. ROSA VEIGA /EUROPA PRESS / Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

A ver sr Nuñez, vostede e o sr Master teñen a culpa do desgoberno de Expaña. Fáganlle un favor a Expaña e á humanidade, fáganse un Guaido, autonomeense Presidentes do Goberno da Expaña e impidan que gobernen os comunistas socialpodemitas cubazuelanos e os de Paracuellos. Deixe de ser un simple telepredicador e convírtase no Mesías que conduza ó rebaño cara o pparaiso ppoppular. LLelo pido o corpo, e llelo piden os seus, y no hay mas tutelas ni tutilas.

1 Courelois

A ver, narcopresidente, ti queres eleccións anticipadas pra facelas coincidir coas galegas e rabuñar uns votiños máis. E, xa de paso, miras de esguello ó PNV por se convocan as súas pra facelo con eles. O caso é que a ti Galiza e os intereses dos galegos danche igual. Ti ó teu, caciquear, minimizar Galiza e preparar a mudanza pra túa querida MadriZ (a chulapería xa a tes...).