Os pescadores de anchoas galegos, asturianos, cántabros e vascos defenderán ante os franceses a continuidade do 'Acordo de Bilbao'

O problema, radica na diferenza entre as artes de pesca empregadas, así como a coincidencia no espazo e no tempo de ámbalas frotas.

Por Europa Press / Redacción | SANTANDER | 08/01/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Os pescadores de anchoa cántabros, galegos, asturianos e vascos defenderán a continuidade do 'Acordo de Bilbao' na reunión que manterán o día 14 de xaneiro coa frota francesa para abordar esta pesqueira. Os pescadores reuníronse hoxe en Santander para analizar a súa postura respecto dunha pesqueira e un acordo que queren seguir negociando.

"Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco temos unha postura común, queremos manter o acordo. Que hai que modificar cousas?. Será de acordo entre franceses e españois porque somos veciños e o Cantábrico é de todos", sinalou en declaracións a Europa Press o presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Cantabria, Miguel Fernández.

Na reunión desta mañá en Santander, que se prolongou durante dúas horas e media, os pescadores puxeron de manifesto que non queren romper o 'Acordo de Bilbao' senón seguir negociándoo porque consideran que "foi positivo". "Tentaremos seguir adiante con el, modificando algunhas cousas, o que creamos conveniente", indicou Fernández, que subliñou a necesidade da próxima reunión cos franceses para "ver o que é bo para as dúas frotas".

O 'Acordo de Bilbao' é un pacto anual que se asinou en 2010 para buscar solucións ante os desencontros que historicamente reinaban entre a frota francesa e española ante a pesqueira da anchoa. Supuxo a cesión a Francia de 100 toneladas máis desta especie por parte da frota do Cantábrico a cambio do cumprimento, entre outros aspectos, dun calendario de pesca.

A frota francesa propuxo en decembro cambios no seu contido de face á renovación, pois o acordo venceu o 31 de decembro de 2019. O problema, máis aló da propia confluencia polo espazo de pesca, radica na diferenza entre as artes de pesca empregadas, que no caso da frota francesa é o arrastre pelágico, unha arte prohibida para os buques españois. A coincidencia no espazo e no tempo de ambas as frotas tamén podería supor un problema.

Barco pesqueiro no Atlántico Norte
Barco pesqueiro no Atlántico Norte | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta