Feijóo di que desexaría poder reactivar "este mesmo mes" o paridoiro de Verín se houbese pediatras

Pide "comprensión" aos cidadáns ante os picos de actividade en urxencias, aínda que admite que hai que traballar "mellorar"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/01/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou que desexaría poder reactivar "este mesmo mes" o paridoiro do Hospital de Verín se houbese pediatras. Trasladouno tras volver quedar desertas as dúas prazas de Pediatría convocadas para o centro hospitalario, aínda que Feijóo precisou que a Administración aínda vai esperar " 48 horas" por se se enviaron solicitudes "de fóra" que aínda non chegaron.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

"Temos decisións públicas e notorias: mantemos a actividade de control preparto e postparto; suspendemos o acto de parto e queremos volver realizalo. É unha decisión firme", dixo Feijóo, antes de remarcar que as prazas de pediatra non se cubriron.

Neste escenario, o presidente volveu convidar a calquera especialista en pediatría "que queira traballar en Verín" a porse "en contacto" co hospital ou coa xerencia da área sanitaria ourensá.

En canto ao nomeamento de Guillermina Agulla Budiño como nova directora do Distrito Sanitario de Verín (Ourense) en substitución de Miguel Abad, Feijóo sinalou que el mesmo, ao reunirse con ela, pediulle que actuase para "pór en valor" os recursos do hospital, no que a Xunta —segundo el mesmo reivindicou reiteradamente— quere "ampliar" servizos.

URXENCIAS EN SANTIAGO

Preguntado sobre as denuncias de colapso de urxencias en Santiago, respondeu que lle gustaría "ter datos" sobre os servizos de urxencias de todos os hospitais, antes de alegar que nos picos de actividade intensa prodúcense "algunhas dificultades que hai que ir solucionando, obviamente".

"Agora temos virus da gripe, aínda que nos vacinamos máis; e temos patoloxías crónicas con persoas maiores", explicou, antes de agradecer o seu traballo aos profesionais e a "comprensión" aos cidadáns.

"O que non significa que non debamos mellorar sempre todos os servizos e atencións en todos os servizos de urxencias", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta