A Garda Civil incauta sete fósiles procedentes de Marrocos no aeroporto de Santiago

O propietario "podería ser investigado como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2020 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Os axentes da Garda Civil incautaron no aeroporto de Lavacolla un total de sete pezas fósiles que procedían de Marrocos e que carecían da pertinente documentación e non foran declarados previamente.

Os feitos sucederon ao realizar unha inspección fiscal á equipaxe dun pasaxeiro que viaxaba desde Marrocos. Foi na súa maleta onde os axentes atoparon os obxectos que non contaban coa documentación de procedencia e nin figuraba a legalidade dos mesmos.

Pola súa banda, o propietario da maleta alegou que os comprou nas tendas de varias localidades durante a súa viaxe a Marrocos, pero que non tiña as facturas ou tickets de ditas compras.

Ante a ausencia de ningún tipo de documentación nin de orixe, nin declaración aduaneira nin da autoridade marroquí competente, a Garda Civil requisou os fósiles e interpuxo unha denuncia por suposta infracción de contrabando.

Ademais, o corpo de seguridade español solicitou a Marrocos ditame sobre os fósiles e en función da resposta, o propietario "podería ser investigado como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico", explicaron os axentes nun comunicado.

Fósiles incautados pola Garda Civil no aeroporto de Santiago. GARDA CIVIL
Fósiles incautados pola Garda Civil no aeroporto de Santiago. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta