Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

41 Maria Vazquez

eu penso votar a CxG polo menos sabem situar a Galiza no Mapamundi

1 O Príncipe dos Mouros

Iso foi un chiste? "Pero non só no eido económico e social a UE non está xogando o papel que debería xogar, senón que tamén no campo da política exterior está xogando un papel ao servizo dos intereses xeo-estratéxicos dos EEUU, o que fai que non teña un posicionamento propio, chegando mesmo á vergoñosa situación de mirar cara outro lado cando os dereitos de pobos como o palestino ou o saharaui son gravemente violentados." Galicia está na Otan e os intereses de EEUU son os nosos tamén. Eu penso que deberían voltar para o BNG, porque estes de sociademócratas non teñen nada.

40 Arturo Branco

Ecogaleguistas...quen son esta banda? Cántos son? Qué pintan aí se están mais próximos a Beiras?.....

39 Greta

Hai demasiado deputado frustrado,nese sector todos tedes vocación de canditados aínda sabendo que o escano é un todo remoto. Polo ver, esta é a Galicia de Liliput e vós uns liliputienses que cos vosos desencontros facedes que aumentar o xigantismo do Gulliver Feijóo. E o día 22 O, que nos ides a contar?

38 Gaby

Compromiso é unha gaiola ideolóxica

1 Charli de Miño

Niño de fachas mais ben!

2 Manuel

E pola noite comemos nenos, os bos son os Mexutos e Miluchos do BNG, patriotas comunistas con grandes autos que levan toda a p... vida vivindo da política

37 papaventos

Persoalmente, non podía crer (e sigo sen crerme) que xentes como os ecogalegistas e algúns máis que neste momento están (aínda) en CxG puidesen sentirse cómodos indo do brazo dos personaxes que se están a subir pola dereita (pequenos taifas locais provenientes da dereitona máis rancia e trasnoitada dispostos a venderse ao mellor ofertante por un anaco de pastel). Creo que están a tempo de baixarse do barco equivocado e navegar xunto aos que deberían de navegar desde o principio, cada uns coas súas características, pero remando xuntos na mesma dirección (pero isto tan só é un desexo deste pobre opinador).