Eu estou algo confuso con certa visión do nacionalismo galego. ¿A idea é mostrar todo o que sexa alleo coma unha forza españolista ou europeísta colonizadora e destructora? ¿Non hai ningún tipo de visión integradora ou cooperadora posterior unha vez acadada a hipotética meta da independencia total económica e institucional deste modelo autonómico? ¿Pechamos fronteiras cultural e ideolóxicamente ó mundo ou a España baseándonos no odio histórico ou mesmo actual hacia determinada visión política do "Imperio Español e Europeo"? ¿E EU un inimigo cando sostén políticas de esquerda que non sosteñen algúns "galeguistas" saídos de partidos da dereita e nunca se negou ó dereito de autodeterminación dos pobos? ¿Importa máis a búsqueda da independencia seguindo un modelo catalán de nacionalismo de dereitas recalcitrante coma o de CIU ou as políticas sociáis e progresistas universáis da esquerda? Persoalmente, antes de esquerdas que nacionalista.
Serdasxestas, tes razón. Hai xente con poucas luces no nacionalismo, como en todas partes, e coa súa torpeza (ou algo peor, porque sempre se pode pensar mal) non fai máis que facilitar o goberno aos de sempre. É un_a evidencia que EU, o BNG, os de Beiras e outros escindidos do BNG, como mínimo eses, deberían formar coalición e presentar listas conxuntas, cun programa común consensuado, para as eleccións. Sería o correcto, o único prático para aspirar seriamente a gobernar. E que non digan que para iso os escindidos melhor estarían dentro do BNG. Non están porque pensan diferente, mais un_a coalición entre diferentes partidos é precisamente un punto de encontro de posturas diferentes mais que tenhen algo en común que é suficiente para presentaren nas eleccións un programa común e listas comúns que non perdan votos como se fosen dispersos. E resulta que estas mentes cuadriculadas non o entenden ou non o queren entender.
Houbo unha asemblea a comezos de anos, onde participaron Bascuas e Beiras. Non aceptaron nin acataron o que alí de maneira democrática votaron os militantes. A unidade da esquerda nacionalista chámase BNG, fronte nacionalista desde 1982.
Eu son nacionalista e de esquerdas, Á VEZ. Porque a actual crise non é só un problema de explotación da clase traballadora coa perda de dereitos, senon tamén un problema de soberanía: política e económica, producido pola tan cacarexada globalización.
¿A unidade da esquerda nacionalista chámase BNG, que existe desde 1982? ¿E parécenche bos os resultados? En cada convocatoria electoral apáñanse menos votos que na anterior pero máis que na seguinte. Hai que felicitarse.
Si, desde logo que si. Empezou a decrecer cando algúns se lles deu por ser desleais coa organización, pensando que o mundo xira ao redor do seu cú.
6
Por un que vai votar BNG
O BNG empezou a perder votos con Beiras. Só desde a unidade, desde a lealdade poderemos ter un BNG forte e con iso comezará a medrar o nacionalismo en Galiza.
Home!!! Máis votos que os que van conseguir estes...seguro que si!. Os poderes fácticos queren bipartidismo. Se o BNG é eliminado..que vos fai pensar que van permitir vivir a ANOVA? Ou estádes tan bébedos de éxito que pensades que as vosas aparicións nos medios, vanse prolongar máis aló da vida do BNG? E por que non analizades a baixada de votos do BNG? No 1997, 395 mil votos con Beiras. No 2001, 323 votos con Beiras. 2009, 282 mil votos despois dunha campaña brutal contra o BNG, na que colaborou Beiras e o seu GNSV. Cal é o denominador común nas perdas de votos do BNG?
Por que a campaña que fixeron Beiras e os seus aduladores contra OS SEUS PROPIOS COMPAÑEIROS, ten que ser recordada como un exemplo de infamia. Tamén quero recordar que moitos deixaron o BNG, pero non se adscribiron A NINGÚN destes grupúsculos (parece que se quere dar a entender que estes chiringuitos engloban a todos os críticos E NON É ASI). Ahí temos o exemplo do alcalde de Arbo e do candidato de Porriño. Ademáis, se tan malo é o BNG (como seguides dando a entender) e tan de capa caída está, a que demo ven obrigarlle a pactar con semellantes espantallos que sodes vos? Por que vos molesta que non vos faga nin p.uto caso? Por que se falades de unidade pegástedes a espantada hai uns meses intentando provocar o maior dano posible? Ou é que os vosos amos volo requiren para que vos rañen tras as orellas?
E se Beiras non é quen de obter os máis de 300.000 votos que tiña hai anos? Significará que el tamén estaba errado? Ou faredes outro análise?
Para min o importante é saber cal vai ser o mínimo polo que non van pasar o BNG, Anova, EU, CxG,etc.. ao PSOE para governar se se da o caso. Porque nen xuntos nen por separado van conseguer a maxoria.
E por moito que digan sobre "non sei que puntos de encontro" e demais gaitas como a do palanganeiro do PCE, camarada Xoelho, a realidade é, que andan coma tolos por pillar cacho. Os marchosos fóronse do Bloque por que non ían pillar nada e os do PCE andan a busca de tontos útiles que lles procuren unha poltrona. Como fixeron en 1997. De ahí ven a teoría de "puntos de encontro" de Xoelho. Para poder selar o pacto, facemos un chiringuito e exiximos que non dean un postiño de saída para logo se te vin, non me acordo.... Este Xoelho, pensa que todos somos coma el.
Pois vai ser ben difícil porque tanto Yolanda xa decidiu que a cabeza de lista é ela, e Beiras tamén se autoproclamou candidato vitalicio. A ver que "acordo" nos reservan
A estes o PP dalles igual. Queren f.der ó BNG como sexa. Por que...eles son os elexidos. Eles son os da época dourada do BNG. Ninguén coma eles. E para iso, necesitan IMPERIOSAMENTE que o BNG, nestas eleccións, FRACASE. Agora imaxinade: Chegan as eleccións e o BNG, consegue 350 mil votos (un dicir). ONDE QUEDARÍAN BEIRAS E COMPAÑÍA? Cres que se aledarían por que un partido galego, conseguira tal éxito? NON. Os berros oiríanse en TODA GALIZA. E volvo a recordar: estes deixaron o BNG por que non soportaban "a tutela" dun partido comunista. E agora andan coma tolos, por pactar con outro partido comunistas? Alguén entende a actitude destes?
Polo que vexo aquí non hai máis que V de vinganza. Pois nada, que cada galiña escarve para sí, como foi sempre en Galiza e España e así "per secula seculorum".
Agora vesmes co victimismo? A culpa é dos outros. Catro gatos que se enfurruñan cando as persoas serias pasan do xogo que levades anos e anos practicando. Quen vos impide ser os canciños do PCE? Xa ves...agora das vosas decisións sofriredes vos, as consecuencias. Quizais iso sexa o que non vos goste. Para iso queredes ó BNG no voso akelarre? Se sae mal (e vaivos sair mal) así teríades máis anos a falar do Bloque, vivindo sa soupa b.oba? Pero bueno..o importante é que o Bloque se estrele. Pactade dunha vez co PCE e deixadevos de lerias!! Dentro dun mes, eleccións, e andades en pelotas aínda!! Así me gusta...Feijoó convocou as eleccións entre outras cousas para pillar a oposición en bragas, e con vos acertou de pleno! Se vos tirástedes 9 meses, facendo os panolis pois alá vos. Pero procurade deixar BEN CLARO que non sodes do BNG.
EU non é so o PCE que eu lembre e o BNG non é o único nacionalismo galego. E podes quedar tranquilo que non son do BNG, e moito menos deste BNG que ti representas que non fai mais que babexar e cuspir carraxe e vinganza contra todo o que non baila o son da maquinaria do partido. As purgas estalinistas xa non estan de moda, e mellor non estar ó lado de quen non te quere e por riba enquista por completo unha iniciativa común. Quizáis un día espertedes e vexades que non sodes moito mellor que o "nacionalismo españolista" contra o que tanto cuspides. Mesmos cans, distintas correas. Con todo e con iso, sorte no voso proxecto único e sen rancor.