Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 19:20
A empresa pública de Servizos Galegos (Seaga) será a encargada de executar o programa de vixilancia e control ante a avespa velutina, coa a retirada e destrución dos niños nun prazo máximo de cinco días hábiles desde o aviso do cidadán ao 012. O Consello da Xunta deu o visto e prace este xoves ao proxecto de acordo.
A Xunta e a Fegamp acordaron o pasado outubro pór en marcha de maneira coordinada e conxunta este plan, que conta cunha dotación de 2,3 millóns de euros, a través de fondos propios da Administración autonómica e do Fondo de Cooperación Local.
En concreto, baséase na concentración de recursos para eliminar os niños do territorio e ofrecer unha resposta "eficaz e homoxénea" en todas as zonas afectadas. Neste momento, hai un total de 275 concellos adheridos a esta iniciativa, pola que se retirarán niños situados a menos de 25 metros de altura e en lugares accesibles nos que se poida actuar con seguridade cos sistemas empregados de eliminación e neutralización.
O portal 'Eido local' será unha canle de comunicación permanente coas entidades locais para ofrecer información actualizada sobre as actuacións e sobre a xestión de todos os avisos de niños recibidos polo 012.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.