Investigan se unha muller matou o seu fillo tetrapléxico en Ourense e despois suicidouse

A hipótese é que o matou con metadona como xeito de morte asistida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Policía investiga se unha muller matou o seu fillo tretapléxico con metadona nunha residencia en Ourense e despois suicidouse, segundo informan fontes próximas ao caso.

Coche de Policía Nacional. ARQUIVO
Coche de Policía Nacional. ARQUIVO

Sobre a investigación, a Policía Nacional de Ourense limítase a informar de que no caso traballa a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) e de que "se confirman dúas mortes con posible relación".

A residencia de maiores na que se atopaba o home está situada no barrio ourensán de Barrocás. A muller faleceu o pasado luns, mentres que a morte do seu fillo se produciu o martes.

Fontes próximas á investigación sinalan que "se están investigando" o sucedido para saber se garda relación cun caso de morte asistida ou non.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta