Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 20:27
A Consellería de Medio Ambiente respondeu as críticas do PSOE sobre a "falta de intervención" sobre as verteduras no río Furelos, que denuncian desde 2005. Respecto diso, a Xunta argumentou que si que se actuou desde o pasado xullo, cando "se constataron danos sobre a fauna" na zona, e defende que a súa intervención foi "rápida e contundente".
De feito, como consecuencia destes feitos, a Consellería "abriu dous expedientes sancionadores contra unha empresa láctea e un matadoiro", así como contra o propio Concello de Melide pola "suposta comisión de varias infraccións en materia de pesca fluvial e de conservación da natureza".
Así mesmo, Medio Ambiente asegurou que esixiu ao goberno local adoptar medidas cautelares para impedir máis verteduras no río e a día de hoxe os seus axentes ambientais "continúan vixiantes" e "realizan visitas periódicas á zona".
Por outra banda, defenderon tamén á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na súa etapa como alcaldesa de Melide e afirman que "nese período" de primeira edil, "só consta unha única vertedura" que foi denunciada por Augas de Galicia e arquivado en 2012.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.